8 de xuño de 2017

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

LUCAS MOREIRA LOMBA, DE A GUARDA, SELECCIONADO PARA O CAMPUS DE ALTO RENDEMENTO E ALTA COMPETICIÓN

O canteirán de A Guarda Hockey Liña ve así recompensado o esforzo da presente tempada, que podería culminar coa súa convocatoria para a Selección Galega de Hockey Liña

Lucas Moreira Lomba, do club A Guarda Hockey Liña


Informa (fotografía e Redacción): Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Catro serán os galegoss que participarán no Campus, e entre eles haberá un guardés. Lucas Moreira Lomba foi seleccionado para participar no Campus de Alto Rendimento e Alta Competición organizado pola Real Federación Española de Patinaxe e que será dirixido polo corpo técnico da Selección Española de Hockey Liña. 

 Lucas Moreira Lomba participará xunto con corenta rapaces xogadores de toda España nados entre o ano 2000 e o ano 2003 no devandito Campus de Alto Rendimento e Alta Competición. 

 O Campus impartirase na localidade de Canfranc (Huesca) e os xogadores participarán en sesións de prácticas de desenrolo  e mellora de procedementos técnicos e tácticos do Hockey Liña, que completará a formación deportiva dos xogadores incrementando os seus recursos técnico-tácticos. 

 As sesións​ teóricas e prácticas estarán impartidas polos adestradores do persoal técnico da Real Federación Española de Patinaxe, Adestradores Nacionais, xogadores da Selección Española absoluta así coma expertos en Nutrición, Preparación Física, Psicoloxía Deportiva e Arbitraxe.  

 O Campus estará enfocado ó proceso de adaptación do deportista ó Alto Rendimento Deportivo e a Alta Competición.  

 O canteirán de A Guarda Hockey Liña ve así recompensado o esforzo da presente tempada, que podería culminar coa súa convocatoria para a Selección Galega de Hockey Liña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario