7 de xuño de 2017

CINEMA

O proxecto "Cinema e Muller" da Deputación de Pontevedra mención especial dos premios crea pola súa promoción da igualdade de xénero 

A presidenta provincial, Carmela Silva, mostrou a súa satisfacción polo novo premio ó proxecto "aínda que a verdadeira ledicia é poder visibilizar o talento feminino que en Galicia é espectacular"   


Infogauda / Pontevedra

 "Cinema e Muller" o proxecto da Deputación de Pontevedra que nasceu para  visibilizar o papel da muller creadora de cinema e fomentar a súa maior participación na cultura e arte, foi escollido pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia para a Mención Especial dos II Premios CREA á promoción da igualdade de xénero. O xurado destaca do proxecto premiado "a visibilización  que fai das mulleres directoras, por tecer redes entre elas, e ó traballo de difusión  e de rescate dunha realidade en penumbra"  

 A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción por este novo premio a "Cinema e Muller", que se suma aos obtidos en festivais de cinema independentes e que contribúe a promover a alta capacidade e imaxinación das creadoras audiovisuais da provincia de Pontevedra. "Estamos moi  felices polo recoñecemento que supón este premio,  aínda que a verdadeira ledicia é poder visibilizar o talento feminino que en Galicia é espectacular. Noraboa ás Comisarias e as magníficas directoras que participaron no proxecto. O premio é seu"  

 "Cinema e Muller", proxecto, dirixido por Xisela Franco e producida por Beli Martínez, ten por obxectivo promover dende a investigación e a teoría ata a produción de cinema (coa película "Visións"), un mapeamento de realizadoras da provincia de Pontevedra, máis de 70 creadoras, charlas sobre cinema e feminismo, mostras de cinema experimental ou concertos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario