6 de xuño de 2017

A GUARDA

O CEIP AS SOLANAS “NICOLÁS GUTIÉRREZ CAMPO” CELEBROU O “DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE”





Informa (Fotografías e Redacción): Lucía Martínez / A Guarda

 O CEIP As Solanas “Nicolás Gutiérrez Campo” celebrou o “Día Mundial do Medio Ambiente”. Este ano o adicaron a limpeza do noso mar. Co material recollido no litoral, os nenos e nenas do colexio, aunaron ecoloxía e creatividade. Reutilizaron o material e, dándolle renda solta a súa imaxinación, crearon esculturas-denuncia sobre a sucidade dos nosos océanos. "Deste xeito - afirman no centro educativo - promovemos o Respecto ao medio ambiente, Rexeitamos o que é dañino, Reutilizamos o que temos e reciclamos o que se poida."  Ás tres R, constitúen á s consignas da mensaxe que espallan desde  o CEIP As Solanas “Nicolás Gutiérrez Campo”, de A Guarda.




 As súas obras están expostas na entrada do colexio para todo o público que queira contemplalas. 

Ningún comentario: