6 de xuño de 2017

A GUARDA

Cruz Vermella en Baixo Miño organiza actividades de promoción do envellecemento saudable nos meses de verán   


Neli Rodríguez / A Guarda

 Durante os meses de verán, Cruz Vermella na Guarda ten programadas diferentes actividades informativas, de sensibilización e participación. Están dirixidas a persoas maiores de 65 anos que pretenden concienciar sobre a incorporación de hábitos saudables para mellorar o seu estado de saúde.  

 Estas actividades están enmarcadas no Programa  de Promoción do envellecemento saudable "Saúde Constante", financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do cal Cruz Vermella pretende mellorar a calidade de vida das persoas maiores no seu proceso de envellecemento.  

 A programación é a seguinte:

- Circuítos Saudables: Distintas andainas con guía para coñecer a riqueza cultural da zona.   

- Charlas sobre "Coidados nos pés" e "coidado dos oidos". 

Ademais destas actividades, desde a entidade están a desenvolverse, acompañamentos no domicilio, acompañamentos para a realización de xestións ou consultas médicas, etc., todas elas dirixidas a persoas maiores de 65 anos, as cales teñen como obxecto mellorar a calidade de vida das persoas maiores. Na actualidade son 149 persoas as que están a participar nos programas de persoas maiores en Cruz Vermella.  

 Para participar nestas actividades é necesario inscribirse previamente en oficina de Cruz Vermella na Guarda, situada na rúa Agustin Nandín Lomba, nº1 baixo, ou nos teléfonos:   

986 614 609 
606 348 471 

Ningún comentario: