27 de xuño de 2017

A GUARDA

O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE TURISMO IZAN ÁS BANDEIRAS DANDO COMEZO A TEMPADA DE VERÁN NAS PRAIAS DE A GUARDA   

O alcalde e a concelleira de Turismo do Concello de A Guarda, coa Bandeira Azul, que volta un ano máis, a praia do Forte (Camposancos) - na imaxe - e tamén á praia de Area Grande
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este martes día 27 de xuño tivo lugar o acto de izamento das Bandeiras Azuis nas praias de Area Grande e O Forte (tamén coñecida como O Muíño) coas que se marca o comezo da tempada de verán nestas dúas praias recoñecidas da Guarda. 

O alcalde de A Guarda e a concelleira de Turismo, coa bandeira Ecoplaya que novamente distingue a praia do Forte (Camposancos), en presenza de dous socorristas

 Ata a praia do Forte, en Camposancos, desprazáronse o alcalde, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, e xunto cos socorristas izaron os dous distintivos cos que conta esta praia emblemática do río Miño, Bandeira Azul e Ecoplaya. 

 No acto de izamento das referidas bandeiras, o alcalde afirmou: Estes distintivos son un recoñecemento ao traballo realizado para manter e mellorar a calidade en canto ás augas de baño, á información e educación ambiental, á xestión ambiental e seguridade, así como os servizos e instalacións. Polo que dende hoxe as dúas praias con bandeiras azuis: a praia de Area Grande e a do Muíño contarán con servizo de socorrismo ata o mes de setembro. Ademais estos areais están unidos polo sendeiro azul, ruta de 6 quilómetros que ofrece unha paisaxe de gran beleza natural entre a desembocadura do río e o océano Atlántico

A Bandeira Azul e a Bandeira de Ecopraia, xa ondean na praia do Forte (Camposancos)

 Pola súa banda, a concelleira de Turismo salientou: Para poder manter os estándares de calidade, as praias do municipio guardés tiveron unha completa posta a punto nos últimos meses, no que se realizou unha exhaustiva limpeza manual. Esta limpeza é moito máis custosa pero con criterios de sostibilidade medioambiental. O sistema leva empregándose nos últimos anos e consiste na acumulación de lixo en montes ou en sacos, segundo o tamaño dos fragmentos, para que logo un tractor fixera o traslado ata o punto de recollida do camión. En ningún caso se utilizan sistemas mecánicos de rastrillado da area. Con isto se conseguiu un uso da praia e do seu entorno no que a xente pode gozar da natureza.

1 comentario:

Anónimo dixo...

¿cando van a deixar de faer o parvo e de unha vez por todas se van a dedicar a arranxar a vila? As aceras están garrafais, hay pochancas e baldosas soltas por todas partes. Cando chove se vas po lo medio da acera mollas os pes, se te arrimas as casa mollas a cabeza , só queda baixar pra carretera e que te enbarille un coche!. ¡¡¡Necesitamos algunha bandeiriña que demostre que as calles, camiños ect... están en orden para transitar por elas! ¿Pra cando queda iso?.