27 de xuño de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS TRIBUTARÁ UNHA HOMENAXE O P. BALTASAR MERINO

O Parque Forestal de Chans levará o nome do insigne botánico e meteorólogo xesuita

                                      
P. Baltasar Merino, S.J.


Infogauda / Camposancos

 Polo seu interese informativo, transcrebemos prácticamente de xeito literal, o contido da recente acta da reunión da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, na que se recolle o seguinte:

 Acta da reunión da directiva da C. MM. de Camposancos,o día 15 de xuño de 2017 coa asistencia de todos os membros da directiva.

ORDEN DO DÍA:
1-MANTEMENTO E ARRANXOS NO MONTE.
2-PROPOSTA DE SUBIR O SOLDO AOS OBREIROS.
3-SINALIZACIÓN DOS CAMIÑOS.
4-FIRMA ELECTRÓNICA.
5-INFORME SOBRE A REUNIÓN DO PATRONATO.
6-ACTIVIDADES CULTURAIS.
7-MANTEMENTO E ARRANXOS NO MONTE.

Comprouse remolque e máquina sulfatadora.

Estamos baixando a auga dende a mina de Ermitán a Chans.
En Chans, arranxamos portas e verxa exterior.

2-PROPOSTA DE SUBIR O SOLDO AOS OBREIROS.
José Fernando transmite a conversa que mantivo con Lucía Martínez.Esta, a raiz de asisitir a unhas conferencias sobre o monte no Parlamento de Galícia, representando a C. MM. de Camposancos, comentoulle que se falara da conveniencia de dignificar os soldos dos traballadores das CC. MM.

Tras estudiar a proposta de subir o soldo aos nosos obreiros,lévase a votación cun resultado de 7 a favor e 1 abstención.

3-SINALIZACIÓN DOS CAMIÑOS.
Farase un estudio para colocar postes informativos de camiños e rutas no monte.

4-FIRMA ELECTRÓNICA.
José Fernando informa que temos que crear unha firma electrónica para poder enviar ou solicitar calquer documentación polo portelo de A Guarda.

5-INFORME SOBRE A REUNIÓN DO PATRONATO.
José Fernando informa do que se falou en dita reunión e das propostas que fixo en nome da C.MM. de Camposancos.

-Porta de entrada ao Monte Tegra: Invertirán 50.000€ no ano 2017 e 150.000 no 2018.

-Horarios do museo e os da entrada: que estean ben coordinados para que a xente que suba e pague a entrada poida entrar no museo con tempo suficiente. Sabemos que hai xente que se queixa de que paga a entrada e chega ao museo e xa está pechado.

-Preguntou ao alcalde si iban a remodelar os baños(o alcalde resposta que non) e de que a xente queixase da falta de limpeza dos mesmos.

-Preguntou quen pagaba os actos do "Centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Tegra" e contestou o alcalde que o está costeando o Concello.

-Recordou que ten o compromiso do alcalde de que cos cartos que lle debía o Patronato à C.M. vaise arranxar a Casa forestal.

-Informa no Patronato que se sabe que hai autobuses que suben ao monte e non pagan a tasa. O alcalde dice que non sabe nada de este tema.

-Que informe das empresas que fan desbroces no monte:

Resposta o alcalde que varias de A Guarda porque os obreiros do Patronato non poden con todo.

-Porqué se contratou un segundo obreiro?

José Fernando comenta que non habería necesidade si se rendira mais no traballo.

-Pide que sexan as reunions do patronato pola tarde como eran nun principio.

-José Fernando comentou na reunión de Patrimonio a posible creación dun Parque arqueolóxico en Chans.

Pero antes o ofreceríamos ao Concello por si o necesitan como campo de futbol.En caso de que non o acepten ou non contesten nun periodo de dous meses o utilizaríamos nós para facer outros proxectos.

José Fernando informa das preguntas que lle vai facer en nome da C.MM. de Camposancos na próxima reunión do Patronato ao alcalde e de que vai presentalo por rexistro para que o alcalde poida saber as preguntas que lle vai facer e así poder respondelas adecuadamente.

6-ACTIVIDADES CULTURAIS
-Homenaxe ao Padre Merino:

Gloria Portela presenta o libro sobre o Padre Merino e informa sobre as actividades que podemos facer para o seu homenaxe.

Comentamos a posibilidade de adicarlle o parque de Chans. Aceptamos por unanimidade.

Gloria propón facer un acto conmemorativo a finales de setembro.

Juan Carlos redactará una carta para a Real Academia de Ciencias Galega para informar dos actos que a C.MM. ten pensado realizar.

Lucía Martínez informa que :

-Francisco Álvarez "Koki" pregunta si sería posible a presentación dun libro de Ramón Caride,"Terra Queimada".
Aceptamos por unanimidade.

-Propón abrir a biblioteca e repartirnos as quendas para que permaneza aberta todos os luns de 5 a 7. Comenzamos no mes de xullo.

-Falamos tamén da ll edición de "Camposancos de cine" en setembro, e de falar xa cós posibles participantes.

Sen mais asuntos que tratar levántase a sesión,ás 20.00 horas do día 15 de xuño de 2017, da cal, eu como secretaria, dou fe.

Lucía Martínez Diz

Ningún comentario:

Publicar un comentario