27 de xuño de 2017

A GUARDA

Últimos días para inscribirse na XXII Travesía a nado Porto da Guarda 

Que terá lugar este sábado 1 de xullo de 2017  

Vista parcial dos participantes na edición precedente, da Travesía a Nado Porto da Guarda
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A XXII edición da Travesía a Nado Porto da Guarda terá lugar o próximo sábado 1 de xullo ás 12:00 h., e está enmarcada dentro da programación da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebrará os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo no Porto da Guarda.  


 Nesta tradicional travesía poden participar tanto nadadores federados como non federados. 

 Desde á Oficina de Turismo Municipal do Concello de A Guarda sinalan que xa hai máis de 70 participantes e os interesados en participar dispoñen de prazo ata este xoves 29 de xuño ás 24:00h. 

 A inscrición realizase online cumprimentando o formulario de inscrición que está a disposición na web do concello no banner específico da travesía onde dispoñen do regulamento e da autorización dos menores (non federados). 

Na imaxe os participantes na edición de 2016 logo de darse á saída desde o Muelle Alto

 Os tres gañadores das categorías contarán cunha medalla realizada pola Asociación Avelaíña de axuda aos enfermos con enfermidade mental. Ademais os gañadores absolutos masculinos e feminino recibirán desta proba contarán cun trofeo e os gañadores máis xoves e os veteranos tamén recollerán un recoñecemento. Esta proba é unha habitual para os nadadores federados e amateurs no calendario das competicións acuáticas e conta cuns participantes moi fieis. 

Gráfico do percorrido da XXII edición da Travesía a Nado Porto da Guarda

 A travesía conta cun regulamento para o bo funcionamento e está organizada polas Concellerías de Deporte e de Turismo, coa colaboración do Club de Remo Robaleira, do Club ALAGUA, a Confraría de Pescadores Santa Tecla e Río Verde motores forabordas. 

 As persoas que precisen máis información poden dirixirse directamente ó Concello da Guarda na dirección de correo turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 61 45 46.

Ningún comentario:

Publicar un comentario