27 de maio de 2017

GONDOMAR

Proxección do documental "A Guerra tamén foi nossa" da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.



Infogauda / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns presentará o vindeiro mércores 31 de maio, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10 baixo (Gondomar), a proxección do documental "A Guerra tamén foi nossa" da RTP, Radio Televisión de Portugal, sobre a historia dos portugueses represaliados polo franquismo na guerra civil española.  

 Haberá un coloquio coas autoras da reportaxe Ana Luisa Rodrigues e Carla Quirino.  

 Presentarán o acto Antonio Arauxo Quintas e Xilberte Manso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario