22 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN DESENVOLVER UNHA CAMPAÑA PARA Á LIMPEZA DE SOLARES

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria, á seguinte moción:

POSTA EN MARCHA DUNHA CAMPAÑA DE INSPECCIÓN DO MANTEMENTO DOS SOLARES PRIVADOS E ASÍ GARANTIR SEU DEBER DE CONSERVACIÓN   

 Celso R. Fariñas, ao abeiro [do] establecido nos artigos 97.3 e 91.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación si procede a seguinte MOCIÓN:   

 Os Plans Xerais e a lexislación vixente  recollen o deber de conservación dos solares por parte dos seus propietarios, o que implica seu correspondente valado, un tratamento da superficie (para evitar pozos, desniveis e a invasión de herbas, silveiros, etc.) e a limpeza tamén do mesmo para facer fronte a posibles transmisións de enfermedades, cheiros,...   

 Unha das críticas que recibimos de tódolos barrios do noso pobos é a existencia de solares abandonados que non cumplen coa conservación antes mencionada, provocando molestias innecesarias a veciños/as: suciedade, acumulación de escombros, basura, aparición de ratas e insectos, perigro de incendios nos meses de calor,… O Departamento de Urbanismo, ten encomendadas, entre outras funcións, as labores de policía edificatoria relacionadas co deber de conservación da edificación e dos solares.   

 Cada vez que preguntamos, se nos responde que no caso de solares privados, as actuacións “inicianse, normalmente, trala denuncia dun particular, ou dalgunha Área Municipal”, e que unha vez feita a denuncia, ábrese expedente e “ordéase por resolución administrativa a execución de medidas que subsanen as deficiencias que presente o solar”. En caso de incumplimento da orde, poderase optar entre as multas coercitivas e sanción ou execución subsidiaria por parte do Concello,  en cuxo caso teríase que obter autorización voluntaria de entrada ou autorización xudicial. Entendemos que debe ser unha obrigación do Concello inspeccionar todo-los solares, sexan públicos ou privados, para garantir unhas condicións de limpeza, salubridade e seguridade nas rúas da nosa vila.   

 Polo tanto, o Concello  non pode quedarse a espera da denuncia cidadán e debería ser un axente activo nesta materia. Ata donde mos sabemos, “actualmente non existe unha campaña específica de inspección de solares privados a nivel de A Guarda”. Ademais, a esixencia do deber de conservación convírtese nun potente elemento para impedir a especulación e, polo tanto, para o cumplimento do deber que impón a Constitución aos poderes públicos.   

 Este tipo de actuacións, convírtese nun elemento necesario e fundamental si apostamos por unha vila máis humanizada, sostible e compacta. Tampouco podemos esquecer que o Concello pode ordear de oficio a execución das obras necesarias para conservar terrenos, construccions e edificios en condicions de seguridade, salubridade e ornato público. Ademais, estamos falando de un tema de saúde pública, e a protección nesta materia é unha das competencias propias que os concellos deben exercer. Polo tanto, supeditar a existencia dunha denuncia dun particular o que debe ser a labor de inspección e vixilancia da Administración e a aplicación do previsto na normativa e na lexislación, non é máis que unha deixación de funcións por parte do Concello.    

 Por todo elo e en virtude do exposto, presentamos o ACORDO ÚNICO: Por medio Departamento de Urbanismo poñer en marcha una campaña específica de inspección de solares privados, para garantir o deber de conservación de ditos terrenos.                                                                                                                                                                     A Guarda, a 10  de abril  do 2.017 

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario