O BNG insta ao Pedáneo de Camposancos a cambiar as ameazas por explicacións sobre S Xerome
“O BNG considera desafortunada a actitude ameazante do Alcalde-Pedáneo de Camposancos cara a Vogal do BNG Merchi Martínez”
Infogauda / A Guarda
“O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, quere amosar toda a solidariedade á Merchi Martínez, vogal do BNG na Entidade de Camposancos, diante das ameazas proferidas polo Alcalde-Pedáneo do PSOE, Rafael Álvarez”, afirman nun comunicado desde á formación nacionalista, en contestación ás declaracións realizadas polo presidente da Entidade Local Menor de Camposancos.
Para o BNG “as ameazas do Alcalde Pedáneo de Camposancos son unha cortina de fume para desviar o tema preocupante da relación que existe entre o S. Xerome e a ELM de Camposancos”.
“Hai semanas - engade o BNG - produciuse unha serie de despidos no Centro de traballo S. Xerome, tendo en conta que persoal deste centro ten realizado traballos para a ELM de Camposancos, a vogal do BNG presentou un escrito cunha batería de preguntas para aclarar o papel da Entidade en todo este tema. As preguntas tamén foron levadas ao pleno ordinario que se celebrou o mesmo día, coa sorpresa dunha complicidade entre o PP e o PSOE en contra do BNG.
O Alcalde negou dita relación laboral, pero examinando os orzamentos do ano 2016 vemos a existencia dunha partida chamada: “traballos realizados por outras empresas (San Xerome)” por valor de 8.000 €. Polo que o BNG insta ao Alcalde-Pedáneo do PSOE a explicar a natureza desa partida”.
Asemade, desde o BNG fan á seguinte observación: “Chama a atención que a esta altura de ano, mes de maio, o goberno da ELM de Camposancos non ten orzamentos para o ano 2017, tendo maioría absoluta para aprobalos, iso é do que se ten que ocupar o Presidente da ELM de Camposancos”.
Asemade, desde o BNG fan á seguinte observación: “Chama a atención que a esta altura de ano, mes de maio, o goberno da ELM de Camposancos non ten orzamentos para o ano 2017, tendo maioría absoluta para aprobalos, iso é do que se ten que ocupar o Presidente da ELM de Camposancos”.
“Se o Alcalde-Pedáneo quere presentar denuncia, que o faga, estarei encantada de explicarlle ao xuíz porque consideramos que minte”, afirmou María Mercedes Martínez Vázquez, vogal do BNG na ELM de Camposancos.
“Para o BNG as formas utilizadas polo Pedáneo de Camposancos non son propias dun cargo político con responsabilidade de goberno que debe dar explicacións á oposición e non ameazas.
O Alcalde-pedáneo debe explicar como ten acceso a unha acta de pleno que aínda non teñen os demais vogais, que debe ser aprobada polo pleno da Entidade, mentres a vogal do BNG hai máis de 28 días que solicitou copia sen obter resposta”.
O Alcalde-pedáneo debe explicar como ten acceso a unha acta de pleno que aínda non teñen os demais vogais, que debe ser aprobada polo pleno da Entidade, mentres a vogal do BNG hai máis de 28 días que solicitou copia sen obter resposta”.
“O Pedáneo do PSOE instrumentaliza a institución e aos seus traballadores de xeito partidista. Por que sae o ataque do PSOE 13 días despois? Por que non se nos contestaron ás preguntas sobre San Xerome que se presentaron o 17 de abril? Estas dúbidas fan que pensemos que hai algo que esconder”, sinala Mª Mercedes Martínez.
Por último “o BNG insta ao Alcalde-Pedáneo da ELM de Camposancos a que abandone as ameazas e aclare a relación existente entre a ELM de Camposancos co Centro de traballo S. Xerome da Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario