26 de maio de 2017

A GUARDA

ÁLVARO VILLA ANDRÉ PRESENTA SEU NOVO LIBRO E DISCO “AS CRÓNICAS DE AVA - AGRANDAMUNDOS” 

O próximo venres 2 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Cultural


Infogauda / A Guarda

 O próximo venres 2 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de A Guarda, terá lugar a presentación do libro e disco “Agrandamundos - Poesía, motivación y no sé qué”, do escritor Álvaro Villa Andrés.   

 Álvaro Villa André, natural de Vigo, naceu con parálise cerebral. A súa vida está marcada polo seu interese polas Artes e a súa vontade de superación, que o leva a impartir obradoiros e relatorios de superación e danza inclusiva. Gañou o II Premio do Certame de Poesía “Feliciano Rolán”. 

 “Agrandamundos” (2017) é o seu terceiro libro, dentro da saga “Las crónicas de Ava”, publicado por Aliar Ediciones. Os anteriores son “Poesías y frases del Alma de Danza, Amor y Astronauta” (2014) e “Pelo mandarinas para ti” (2015). Ambos títulos presentáronse tamén na Guarda. Nesta ocasión, o libro acompáñase do disco “Agrandamundos”, con 9 composicións propias de música de estilo ambient, chill ou e new age.   

 O libro xa se presentou en Granada, Móstoles e a vindeira semana darase a coñecer en Zamora, e posteriormente en Vigo, A Coruña, Donostia, Bilbao e Vitoria, entre outras cidades. 

 Na Guarda, Villa André contará coa participación de Rosa Ayuso Díaz e Ricardo Rodríguez Vicente como presentadores do evento, e coa actuación da cantautora Mª José Baz Martínez.

Ningún comentario: