15 de maio de 2017

A GUARDA

TAPEARTE 2017 COMEZA O VENRES 19 DE MAIO

A finalidade é promocionar a gastronomía de A Guarda e a elaboración das alfombras florais que se realizan dende hai máis de 25 anos no casco antigo da vila



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda organiza novamente a Ruta Gastronómica “TAPEARTE” e nesta edición adiantouse o comezo para rematar xusto coincidindo coa celebración das Alfombras florais do Santísimo o domingo 18 de xuño. 

 Polo tanto, a ruta celebrarase durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos dende o venres 19 de maio ata o domingo 18 de xuño. O horario é de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas. 

 Este xoves 18 de maio terá lugar a presentación da Ruta TAPEARTE 2017 onde os 23 establecementos desvelarán as tapas que poderemos degustar a un prezo unitario de 2 €. Ademais nesta presentación desvelaranse os detalles da ruta como os premios. 

 A finalidade é promocionar a gastronomía de A Guarda e a elaboración das alfombras florais que se realizan dende hai máis de 25 anos no casco antigo da vila. 

 Organiza: Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. 

 Patrocina: Disramo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario