12 de abr. de 2017

XUVENTUDE

A OMIX de Tomiño convoca un ano máis un concurso de deseño de camisetas para o Día das Letras Galegas, 2017  


Deseño gañador do ano 2016


OMIX do Concello de Tomiño

 Queres compartir connosco a túa creatividade e ver o teu deseño na nosa vindeira camiseta?  

 O concello de Tomiño convida a participar no concurso Camiseta Letras Galegas, 2017 para celebrar o Día das Letras Galegas un ano máis. O deseño é libre e aberto pero terá que ver coa lingua galega. Valorarase un deseño atractivo, inspirado e relacionado coa promoción e posta en valor do galego.  

 O deseño estará destinado únicamente á parte dianteira da camiseta, que será de cor branca. Debe incluir unha cor como máximo.  

 A persoa gañadora recibirá unha mención nas redes e na prensa e dúas camisetas.

 Anímate!!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario