DÍA MUNDIAL DA BICICLETA NO IES SAN PAIO
Alonso Vidal / Tui
Para celebrar o Día Mundial da Bicicleta, este luns día 10 de Abril, o IES San Paio vai organizar unha saída didáctica con aproximadamente 350 alumnos e alumnas deste Centro acompañados por unha ducia de profesores e profesoras.
Esta saída, que xa é unha actividade instaurada no centro e moi esperada polo alumnado, consiste nun paseo en bicicleta, con saída ás 9:30 h. no recinto escolar, cruzando a zona histórica de Tui - salientando e dando a coñecer o seu valor cultural e monumental - e, pasando a Ponte Metálica, para acceder á Ecopista de Valença. Trátase de facer un traxecto até o alto de Nossa Senhora da Cabeça (Bouças), camiño de Monção, no que adicaremos momentos de coñecemento da contorna: flora, fauna, edificacións,…, para adicarlle o período de xantar a xogos colectivos e lecer. Remataremos coa chegada ao instituto ás 18:00 h.
Esta actividade conta coa colaboración - que agradecemos - da concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tui e do Delegado de Deportes que aportarán os medios precisos para a seguridade dos participantes con dispositivo da Policía Local. Tamén contará coa colaboración da GNR de Valença.
Ningún comentario:
Publicar un comentario