O BNG celebra un acto informativo sobre Mobilidade Sostíbel
Este luns día 10 de abril ás 20:30 h., no Centro Cultural da Guarda
Intervirán: Bea Lomba, responsable local; Xan Lois Lomba, concelleiro, e Ángel Luis Baz portavoz municipal do BNG
Este luns día 10 de abril ás 20:30 h., no Centro Cultural da Guarda, o BNG celebrará unha acto informativo baixo o título: “Humanizar con criterio”.
Intervirán no acto Bea Lomba, responsable local do BNG; Xan Lois Lomba, concelleiro e Ángel Luis Baz, portavoz municipal do BNG.
A formación nacionalista quere amosar a súa alternativa en política de mobilidade e accesibilidade urbana, cun modelo no que dota de calidade de vida aos espazos urbanos poñendo por diante ás persoas sobre os vehículos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario