15 de abr. de 2017

EMPREGO

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal promove a 5ª edición do ‘Job day’ con 152 ofertas de emprego para o sector TIC 

O 5º Job Day terá lugar o vindeiro 2 de maio en Guimarães, e os interesados poderán inscribirse en gnpaect@gnpaect.eu 

Os obxectivos dos Job Day son fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade

Infogauda / Santiago de Compostela

 Empresarios e desempregados do sector TIC protagonizarán o próximo Job Day da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), que terá lugar o próximo 2 de maio en Guimarães. Os interesados en participar no Job Day poden enviar o curriculum vitae a gnpaect@gnpaect.eu.

 Dedicado ao sector TIC, a quinta edición do Job Day transfronteirizo procura promover a mobilidade e a contratación de traballadores na Eurorrexión. Habilitaranse espazos para entrevistas e contratacións, xunto das empresas inscritas.
 
Esta edición é organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión (GNP, AECT), en asociación coa Rede Eures Transfronteiriza, o Polo das Tecnoloxías de Información, Comunicación e Electrónica-TICE.PT, a Anetie-Asociación Nacional das Empresas das Tecnoloxías de Información e Electrónica e o Cluster TIC Galicia, asociándose tamén á Startpoint@um, unha iniciativa desenvolvida polo Liftoff-Gabinete do Empreendedor e GIP-Gabinete de Inserção Profissional da Universidade do Minho, e que pretende proporcionar o contacto directo entre os mozos/adultos e o mercado de traballo, propiciando a divulgación de oportunidades, o desenvolvemento de competencias e o networking dos participantes.

 Os obxectivos dos Job Day pasan sempre por fomentar a creación de emprego e a cooperación transfronteiriza entre as empresas de distintos sectores de actividade. Dende o metal, a hostalaría e restauración, ao sector agroalimentario e forestal, o resultado tense traducido na contratación de máis de medio centenar de desempregados dos dous lados da fronteira. A GNP, AECT facilitará transporte gratuíto dende Galicia a Guimarães para os demandantes transfronteirizos inscritos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario