25 de abr. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONTINÚA DESENVOLVENDO SÚA CAMPAÑA DE REPOBOACIÓN NO MONTE SANTA TREGA

Os usuarios da Asociación Avelaíña e os alumnos de infantil do colexio público de A Sangriña, colabouraron no proxecto "Planta unha árbore, planta vida"







Informa (Redacción e fotografías): José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Este martes día 25 de abril, os usuarios da Asociación Avelaíña e os alumnos de infantil do colexio público de A Sangriña fixeron en Chans (Camposancos), unha plantación de castiñeiros, carballos do país e sobreiros.  Previamente, apoiados polos tutores e profesores, eles mesmos recolleron as sementes, as plantaron, regaron, aboaron,..., na horta dos respectivos centros, para agora rematar o ciclo, e transplantalas no Monte Santa Trega.




 Tamén colaborou o cantaautor Tino Baz, que disfrutou como un neno mais.



 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos convidounos con uns huesitos e zumes.


 Foi unha mañá que non esquezeremos. Grazas a todos que colaboraron no proxecto "Planta unha árbore, planta vida", promovido pola Comunidade de Montes de Camposancos. Deste xeito, o Trega gaña.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario