25 de abr. de 2017

A GUARDA

Máis de 50 persoas desfrutaron dunha saída de fin de semana á Serra do Courel 

Os días 22 e 23 de abril, 53 guardeses e veciños da comarca puideron desfrutar dos grandes atractivos cos que conta a Serra Luguesa do Courel
Fotos. C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Tras varios anos levando a cabo andainas cunha gran acollida, foron numerosos os participantes das mesmas que amosaron o seu interese por organizar unha saída máis longa, que durase unha fin de semana e na que puideran coñecer novos recunchos galegos.  



 Finalmente este ano foi posible e vén de realizarse unha saída ao interior da nosa comunidade. Os días 22 e 23 de abril, 53 guardeses e veciños da comarca puideron desfrutar dos grandes atractivos cos que conta a Serra Luguesa do Courel. Nunha saída organizada grazas a unha axencia de viaxes con oficiña na vila guardesa, a proposta do Concello da Guarda, todos aqueles que acudiron volveron máis que satisfeitos tras unha experiencia que incluía a viaxe de ida e volta e pensión completa nun aloxamento rural. Por isto, só tiñan que preocuparse de gozar e espremer ao máximo unha visita nunha paraxe natural incomparable e coa sorte de ter unha fin de semana de tempo estival.  


 Para mais información sobre as andainas organizadas polo Concello ou para anotarse nas rutas de agosto, setembro e outubro poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario