17 de abr. de 2017

ARBO

Arbo recibe máis de 30.000 € do "Plan Concellos" 2017 da Deputación de Pontevedra para a mellora dunha estrada municipal 

A institución provincial xa entregou o 23 % do total destinado a Arbo dentro do Plan, un investimento próximo aos 100.000 € 

Infogauda / Arbo 

 A Deputación de Pontevedra aprobou, a través dunha resolución presidencial, o primeiro dos investimentos solicitados polo Concello de Arbo da liña 1 do "Plan Concellos" 2017. Trátase dunha obra de mellora da estrada que une os lugares do Couto e Paravedra, unha actuación que recibirá unha achega total por parte da institución provincial de 31.621,66 €.  

 Anteriormente Arbo xa recibira outros 63.529,84 €, tamén na liña 1, para financiar o acondicionamento das piscinas municipais do Concello e, ademais, 2.093,06 € na liña 2 para investimentos informáticos e mobiliario para o servizo de recollida de residuos.  

 Grazas a esta nova achega a vila de Arbo xa ten aprobado o 23 % do total do investimento que recibe do "Plan Concellos" 2017, isto é, máis de 97.000 € dun total de preto de 424.000 €.

Ningún comentario:

Publicar un comentario