O CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA, CELSO R. FARIÑAS, DA A COÑECER SEU RESUMO DO PLENO DO 31.03.2017
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Infogauda / A Guarda
O concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, Celso R. Fariñas, ven de comunicar o seguinte:
No pasado Pleno Ordinario celebrado o 31.03.2017, dende CONVERXENCIA GALEGA, presentamos TRES (03) MOCIONS:
1ª.- ELIMINACIÓN DE PLANTAS EXÓTICAS INVASORAS
Sobre a proliferación de plantas exóticas invasoras na zona da Xunqueira de Salcidos, entre elas, o Plumacho, ou Herba da Pampa, que están asfixiando e facendo desaparecer as autóctonas, sumándose a unha campaña que vai desenrrolar a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente.
APROBADA POR UNANIMIDADE. (17 VOTOS A FAVOR).
2ª.- 2017 – ANO DO PAI BALTASAR MERINO
Dado que a Real Academia Galega da Ciencia declarou este ano adicado o Pai Baltasar Merino no centenario do séu pasamento, pola súa gran laboura no eido da botánica, ainda hoxe non superada, e dado a súa vinculación co Colexio dos xesuitas da A Pasaxe, se pide que o Concello de A Guarda, que se sume a ditos actos para dar a coñecer a esta gran figura e se proceda a publicar a edición da obra ESTUDIOS DAS BORRASCAS NA COSTA OCCIDENTAL DE GALICIA APROBADA POR UNANIMIDADE. (17 VOTOS A FAVOR).
3ª.- ANULACIÓN DA ORDENANZA DO IMPOSTO DE INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBÁN
Tralo fallo do Constitucional que estima que dita taxa é ilegal nos casos nos que non se produce gañancia económica, varios concellos están tomando a decisión de dar un paso máis adiante, especialmente nesta época de crise, en que os ingresos por este concepto, son moi reducidos e proceden a anulación completa de dita Ordenanza, coñecida popularmente como a das PLUSVALÍAS.
APROBADA POR MAIORÍA: PP+BNG+NON ABSCRITA+CG = 10 VOTOS.
VOTOS EN CONTRA: PSOE = 7 VOTOS .
A Guarda, a 04 de abril do 2.017
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario