11 de abr. de 2017

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA


DENOMINACION TREGA

Dín que cando se escupe para o ceo, sempre hai a posibilidade que caia o esgarro nos ollos de quen o fai. O anterior ven a conto, cando nos medios de comunicación, aparece unha ves máis a “fanfarria” municipal, sae en tódolos medios de comunicación para exhibir o noso Sr. Alcalde, político partidista, nun debate efímero e sen sentido, respecto a que algún organismos da Xunta de Galicia están facendo mal uso da denominación “TREGA” por “Tegra” no séu nomenclátor, baseándose nunha realidade constactable para que se faga uso da toponimia correcta na definición do noso monte, que é unha referencia mundial e atractivo turístico dos máis importantes de Galicia.  

 Ata aquí, todo ben, o malo e que cando fala de que dende outras instancias, se fai referencia o bó uso que do mesmo fai a Deputación Provincial, donde a  nosa Deputada, é a Concelleira de Turismo de A Guarda, ou que o mesmo Concello, quen por medio do Padroado Municipal “Monte Santa Trega”, nese momento ven o escupe para abaixo, e para exemplo unha mostra.

No Pleno Ordinario celebrado o pasado día 3 de febreiro/2017, así como no acto cultural celebrado o 28 de xaneiro, se fixo entrega aos asistentes dunha publicación que tamén foi repartida a unha concentración de coches antigos no cumio do monte  e tamén está a venda no Museo do Monte Santa Trega (MASAT), do que acompañamos foto da portada, que fala por si soia.



Dita publicación foi impresa no 2.011, nunha época en que o Sr. Alcalde era concelleiro de Cultura, e seu concelleiro de Patrimonio é o mesmo que naquelas datas, e que os gobernos do PSOE logo de máis de SEIS (6) ANOS non se preocuparon do asunto, mantendose a publicación “ben conservada nas caixas” se facela chegar o público, non sabemos si foi por motivos culturais, persoais co autor, ou por outra causa, o único interés que tiveron foi agora que goberna na Deputación, colocarlle unha pegatina co novo anagrama, esquecendo que o “vello” aparece na contraportada.


A Guarda, a 11 de abril do 2.017    


Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA        

Ningún comentario:

Publicar un comentario