24 de abr. de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA O REGULAMENTO DE LIMPEZA E DE RECOLLIDA DO LIXO

Celso R. Fariñas: "(...)  Trala súa aprobación plenaria, e despois da edición e remisión a tódolos veciños do exemplar repartido polo Concello, mantendo conversas con usuarios/as,  sobre a súa adaptación as distintas situacións laborais e sociais, e podemos aseverar que é necesario plantexar retoques para facelo funcional (...)"

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal do Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal á seguinte interpelación:

¡¡NOVO REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E DE RECOLLIDA  DO LIXO!! 

POSTA EN MARCHA, E NECESIDADE DE REAXUSTALO A REALIDADE SOCIAL DO POBO


 Trala súa aprobación plenaria, e despois da edición e remisión a tódolos veciños do exemplar repartido polo Concello, mantendo conversas con usuarios/as,  sobre a súa adaptación as distintas situacións laborais e sociais, e podemos aseverar que é necesario plantexar retoques para facelo funcional, a que pode plantexar incompatibilidade de uso, como   pode ser nas siguintes  realidades:

NO ARTIGO 20  (¿Cómo se aplica a aquelas vivendas donde vive unha soa persoa e…??

 Os/as que traballan en turno nocturno en fábricas de Portugal de maneira  permanente, de luns a venres  ¿¿cando poden depositar o lixo, ou  o manteñen na casa CINCO (5) DIAS??

 Os que traballan en empresas de Vigo, Porriño, Mos ou mesmo no noso pobo que escomenzan ou rematan séu turno de tarde denantes das NOVE (9) DA NOITE e/ou teñan turno de tarde e  non retornen diante das 23:00 horas, non cumplen o Regulamento e polo tanto terían os residuos na súa vivenda o longo de CINCO (5) días supoñendo que teñan turnos alternos. 

Aquelas persoas maiores con problemas de mobilidade e que reciben asistencia domiciliaria e non poden subir ou baixar escaleiras sen axuda,  e que o rematar de ser atendidas polo persoal municipal de axuda no fogar  retiraban o lixo para deposítalo nos contenedores, e agora non poden facelo polo novo horario ¿está previsto  que alguén acuda nesa franxa horaria a retiralo da súa vivenda e pase a deposítalo no contenedor para cumplir o horario sinalado?

 Dado que estamos no periodo de posta en marcha a aplicación desta Regulamento, que dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que é preferible un malo a ningún, é bo. Que unha vez posto en marcha, conforme var xurdindo dúbidas e probas de situación que hai que reformar para melloralo e facelo útil e práctico, vimos a SOLICITAR tódolos aportes que se reciban no Concello por parte dos Grupos Políticos, Asociacións e colectivos, así como a opinión de vecinos/as e visitantes, se teñan e conta, se estuden e se incorporen para facelo mellor como instrumento de que noso pobo, consiga ser unha referencia no servizo de recollida de lixo e de pobo limpo.

A Guarda, 24 de abril  de 2.017      

Celso R. Fariñas           

Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA    


Sr. Alcalde-Presidente Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario