24 de abr. de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

CINCO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 2ª COMPETICIÓN DA LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM 


Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera

 A  pasada fin de semana tivo lugar en Cordeiro, no concello de Salvaterra, a 2ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom, liga na que participan os máis pequenos de clubs galegos e portugueses. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con 12 pequenos deportistas, moitos dos cales dobraron, facendo baixada en cáiac e canoa. 

 Cinco foron as medallas que Os Teixugos acadaron nesta xornada, algunhas menos das esperadas, pero que non quitaron nin ilusión nin ganas aos máis pequenos e pequenas do Club. 

 A mellor participación do club foi a de Ainhoa Barreiro cunha medalla de ouro en C1 e unha de prata en K1 muller infantil. Samuel Castro foi prata en C1 Home Infantil. Sergio Martínez acadou o bronce en K1 Home Infantil e bronce tamén para Alba Soutelo en C1 Muller Infantil. 

 Na clasificación final por clubs o Club Penedo de Tui proclamouse gañador cun total de 216 puntos, seguido do Club Tea de Mondariz con 189, terceiro foi o Piragüismo Dumbría con  178, e xa no cuarto lugar Os Teixugos con 174.

 GALERÍA FOTOGRÁFICA

Ningún comentario:

Publicar un comentario