6 de mar. de 2017

TOMIÑO

"FEMINISMO PARA AVANZAR" 
PALESTRA ORGANIZADA POLO GRUPO DE ACCIÓN FEMINISTA DO BAIXO MIÑO E O CONCELLO DE TOMIÑO  

O acto organizado polo Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar este mércores dia 8,  ás 20:30 na Casa da Cultura de Tomiño, que rematará nun coloquio aberto para todas/os as/os veciñas/os da comarca.


Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño


 Hai xa máis de cen anos que o movemento feminista estendeu o 8 de marzo como unha data internacional e referencial na loita pola igualdade de dereitos das mulleres. 

 Celebramos e reivindicamos a loita incansábel de moitas mulleres e colectivos de mulleres de todo o mundo que ten contribuído a conquistar dereitos colectivos e traballamos para que todos os días sexan 8 de marzo. 

 Así a todo en pleno 2017 o sistema capitalista no que vivimos segue abrindo fendas entre as clases sociais,e, segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos perxudica tanto coma antes. As mulleres galegas temos que afrontar a dupla e tripla xornada, adicar horas infinitas ás tarefas do fogar e dos coidados de persoas dependentes. Pero tamén a economía somerxida; o teito de cristal; o acoso sexual; a normalidade coa que se asumen as mortes por mor da violencia machista; a discriminación pola nosa orientación sexual ou a falta de cobertura das prestacións por mor da temporalidade dos contratos que se lle fan ás mulleres, a situación de desvantaxe histórica que sufrimos; cobrarmos menos salarios ca os homes; e da persecución por exercermos o noso dereito a compatibilizar traballo e vida persoal e familia.  

 O oito de marzo cómpre insitir en combater todas as desigualdades en materia económica, a dificultade para acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións, isto e outras cuestións van ser debatidas este mércores dia oito nunha palestra pública aberta na que intervirán Came Adán (foi nomeada Secretaria Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade da Xunta de Galicia), Teresa Porrit (traballadora da administración pública e foi presidenta da asociación Mulleres en Acción), e Erundina Benítez (avogada). 

 O acto organizado polo Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar este mércores dia 8, ás 20:30 na Casa da Cultura de Tomiño, que rematará nun coloquio aberto para todas/os as/os veciñas/os da comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario