CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON POR EQUIPOS E RELEVOS
Elsa Pena, Carla Férnandez e Carla Guisande acadaron o Campionato de España de Relevos 2017
Elsa Pena, Carla Férnandez e Carla Guisande, no máis alto do podio, logo de haber acadado o Campionato de España de Duatlón por Relevos 2017
Informa (fotografías e redacción): Alberto Pena Lomba
Esta fin de semana pasado celebráronse en Boiro os Campionatos de España de Dúatlon por equipos e por relevos con máis de 2.100 inscritos e unha espectacular participación galega. Estes torneos serán ademais, a primeira e segunda xornada da Liga Nacional de Clubs 2017, respectivamente.
Galicia estivo representada nestas probas por 25 clubs e 700 deportistas que presentan un total de 116 equipos entre as diferentes probas e categorías.
Nesta proba o club Cidade de Lugo Fluvial armouse cun equipo composto por Caterina Pereira, Elsa Pena, Carla Fernández, Carla Guisande e as xemelgas Myriam e Eugenia López
As probas de contrarelo comezaron o sábado nun día con choiva e vento. Nesta proba o club Cidade de Lugo Fluvial armouse cun equipo composto por Caterina Pereira, Elsa Pena, Carla Fernández, Carla Guisande e as xemelgas Myriam e Eugenia López que se marcaron un auténtico carreirón logrando un espectacular 5 puesto.
A atleta Elsa Pena, de A Guarda, entrando victoriosa na liña de meta
Logo das esforzo desenvolvido por todas e cada unha das atletas, e a labor de equipa, chegou o intre da emoción e a ledicia compartidas, polo logro acadado
O domingo celebráronse as probas de relevos. Nestas probas os equipos están formados por tres deportistas e cada un deles realizará un pequeno dúatlon (1,5 quilómetros de carreira a pe; 5,3 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira a pe). Nesta proba, Elsa Pena, Carla Férnandez e Carla Guisande acadaron o Campionato de España de Relevos 2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario