18 de mar. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

INDULTO PARA CARLOS E SERAFÍN

CC.OO., C.I.G. E U.G.T. PEDIRÁN UNHA XUNTANZA URXENTE COA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO, PARA QUE ESTA MEDIDA SE APLIQUE CANTO ANTES


Concentración diante do MARCO, en  prol do indulto a Carlos e Serafín, convocada unitariamente por CC.OO., C.I.G. e U.G.T..
Fotos: CIG

Infogauda / Vigo

 O pasado xoves día 16, tivo lugar diante do MARCO, de Vigo, unha nova concentración en prol do indulto a Carlos e Serafín, convocada unitariamente por CC.OO., C.I.G. e U.G.T..

 "A nosa paciencia está colmada". Así o expresou Alberte Gonçalves, secretario comarcal da CIG de Vigo, ao remate dunha nova concentración en prol do indulto a Carlos e Serafín, na que anunciou que as tres centrais pedirán unha xuntanza urxente coa subdelegación do Goberno para insistiren na necesidade de que esta medida se aplique canto antes. 


 Os dous traballadores levan tres anos agardando a resolución da solicitude dun segundo indulto para non ingresaren en prisión. "Un ensañamento cruel e innecesario" por teren defendido melloras laborais, ao tempo que os corruptos e responsábeis da crise continúan en liberdade.  


 Para rematar, Gonçalves sinalou que o auténtico culpábel da situación, o PP, ten moi doado rematar con esta situación: "só ten que tomar un sinxelo acordo, concedendo sen máis demoras o indulto a Carlos e Serafín".

Ningún comentario:

Publicar un comentario