14 de mar. de 2017

LABORAL

CAMPAÑA DE APOIO E SOLIDARIEDADE CO PERSOAL DE PESCANOVA

 Ante a convocatoria de folga nos centros de traballo de elaboración do Porriño e Chapela e de frigoríficos de Nueva Pescanova en defensa da mellora dos convenios colectivos e ante a precarización que a dirección da empresa pretende impor aos diferentes comités e representantes sindicais tratando de abaratar os salarios e condicións sociais das novas contratacións e reducir e precarizar as actuais condicións laborais, os seguintes comités de empresa, seccións sindicais e representantes sindicais dos sectores amosan a súa solidariedade coa loita do persoal da empresa de alimentación:

-CONSERVAS: THENAISIE, A. ALONSO, CERQUEIRA, ORBE E VARCARCEL.

-ELABORACIÓN: FANDICOSTA E MASCATO.

-FRÍO INDUSTRIAL: FRIGORÍFICOS DE VIGO, FRIOYA E STEF.

 Ao mesmo tempo, as seccións sindicais de FRIGOLOURO, TELEFÓNICA, VITRASA, MADERAS IGLESIAS, COVSA E UNÍSONO, que agrupan máis de 2000 traballadores/as, solidarízanse co cadro de persoal de Pescanova e póñense á súa disposición para a próxima convocatoria de folga.

 Esta campaña de adhesións e solidariedade vai continuar en toda a comarca de Vigo, sumándose nos vindeiros días diferentes comités de empresa.

 A folga de hoxe foi secundada polo 100% dos traballadores/as de elaboración do Porriño e Chapela e dos frigoríficos do Porriño e Chapela, xa que só entraron a traballar os servizos mínimos pactados entre a empresa e a representación social.

 Ante a vindeira convocatoria de folga, prevista para o o vindeiro martes 21, as centrais convocan unha rolda de prensa este xoves 16 no local da CIG ás 11.00 horas. Na comparecencia anunciaranse as próximas mobilizacións que desenvolverán os empregados/as.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario