Tomiño acolle unha charla sobre as “cláusulas suelo” e os gastos hipotecarios
Celebrase o venres próximo, e está aberta ó público en xeral
Lorena Quinteiro / Tomiño
A Casa de Cultura de Tomiño, acolle o vindeiro venres día 17 de marzo, ás 21:00 horas, unha charla sobre as “cláusulas suelo” e os gastos de formalización das hipotecas, que en moitos casos pagaron en exclusiva os consumidores, cando segundo o Tribunal de Xustiza da Unión Europea teñen que ser abonados ou ben polo banco ou ben de forma compartida entre ambas partes.
A charla estará impartida por avogados do despacho Miguélez e Asociados, e está organizada pola asociación de comerciantes Adeto coa colaboración do Concello de Tomiño, e está aberta ó público en xeral.
Os avogados da firma Miguélez & Asociados (Beatriz Rodríguez e Carlos Alonso) exporán a nova situación á que deben facer fronte os consumidores que teñan contratado un préstamo hipotecario con “cláusula suelo” no seu condicionado.
Unha vez que o pasado 22 de decembro o Tribunal Europeo fixera público o seu ditame de total retroactividade na devolución das cuantías cobradas indebidamente en concepto de “cláusula suelo”, os consumidores deben saber cómo é o procedemento que se teñen que enfrontar para poder facer valer os seus dereitos e recuperar todo o pagado en exceso nas súas hipotecas.
Lamentablemente, a regulación emitida polo Goberno fai unhas semanas (RD-LEY 1/2017 Sobre Devolución De Cláusula Suelo) non será suficiente para facer valer os seus dereitos xa que deixa fora a reclamación dos gastos de formalización considerados tamén abusivos. A maiores, varias entidades bancarias xa manifestaron públicamente que non se acollerán ó devandito regulamento, polo que a única alternativa para esos consumidores será acudir á vía xudicial.
Deste xeito, os letrados de Miguélez & Asociados exporán as vías existentes de reclamación tanto vía Real Decreto como por demanda xudicial. Outro dos aspectos que suscita grande interese, e que tamén desgranarán os avogados, é a tributación a Axencia Tributaria das cuantías que finalmente se logren recuperar para o consumidor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario