31 de mar. de 2017

LABORAL

As mobilizacións polos despidos en Eroski trasládanse até o economato de Citroën en Vigo 

Un grupo de delegados/as sindicais desenvolveu unha concentración de 11.00 a 13.00 horas

Un grupo de delegados/as sindicais desenvolveu unha concentración de 11.00 a 13.00 horas, tempo no que despregaron unha faixa na que se podía ler “Eroski represión. Non máis despidos”
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O calendario de protestas que desenvolve a CIG-Servizos contra a vaga de despedimentos no grupo Eroski de Vigo trasladouse hoxe até as portas do economato laboral de Citroën, situado no barrio de Coia e xestionado pola compañía vasca de alimentación. Un grupo de delegados/as sindicais desenvolveu unha concentración de 11.00 a 13.00 horas, tempo no que despregaron unha faixa na que se podía ler “Eroski represión. Non máis despidos” e berraron consignas contra a política da empresa de desfacerse do persoal con máis antigüidade para substituílo por novos/as traballadores/as.

Ningún comentario:

Publicar un comentario