A Agrupación Musical de Goián celebra este domingo o tradicional Concerto do Socio
Este ano, como novidade, tamén actuará a Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Goián
Infogauda / Goián
Este domingo, día 26 de marzo, ás 18:00 horas, no auditorio de Goián, celebrarase o Concerto do Socio da Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta de Pedro Villarroel González. Este ano, como novidade, tamén actuará a Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Goián.
Con este concerto, a banda quere agradecer o apoio que o Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Goián, as casas comerciais e todas as socias e socios, dan ao longo do ano, para que a súa actividade cultural poida desenvolverse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario