Celebrouse a segunda entrega dos Premios Educación A Guarda 2023/24
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Vén de celebrarse no salón de plenos da Casa do Concello, o acto da segunda entrega dos Premios Educación A Guarda 2023/24. Familia e amizades acompañaron ao alumnado premiado de Bacharelato e Ciclos Medios e Superiores.
O alcalde, tenente alcalde e o concelleiro de Educación, encargáronse de repartir os diplomas e un agasallo a cada un dos homenaxeados. Ademais, Charo Trasorras Teijeiro, unha das profesoras do IES A Sangriña, tivo unhas palabras nas que lembrou a importancia da educación para a igualdade de oportunidades e o éxito de moitos dos seus exalumnos e exalumnas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario