Tomiño celebra este sábado día 25 de marzo, a súa terceira Gala do Deporte
Será no auditorio de Goián a partir das 20:30 horas
Entre as novidades desta 3ª gala, figura un premio relacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”
Infogauda / Goián
Este sábado, día 25 de marzo, celebrarase a III Gala do Deporte en Tomiño. No acto, que terá lugar no Auditorio de Goián, ás 20:30 horas, farase entrega de diferentes premios aos deportistas destacados durante o último ano.
Entre estes galardóns están, coma vén sendo habitual, os de mellor deportista feminino e masculino, e mellor evento deportivo ou deportista con maior proxección de Tomiño.
Ademais, dentro das novidades desta 3ª gala, figura un premio relacionado cos valores do deporte, o afán de superación deportiva, e o galardón “unha vida adicada o deporte”.
Coma nas edicións anteriores, o encargado de presentar a gala, será o xornalista Terio Carrera, nesta oportunidade, acompañado polo actor José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario