CINEMA
O Cineclub Poleiro proxecta Tarde para la ira, gañadora de catro Premios Goya
Tarde para la ira é un thiller, a primeira película de Raúl Arévalo, como director
Rita Alonso / Goián
O xoves, 9 de marzo, o Cineclub
Poleiro proxecta no Auditorio de Goián, ás 21:30 horas, Tarde para la ira, dirixida por Raúl Arévalo.
Sinopse: Madrid,
agosto de 2007. Curro entra no cárcere logo de participar nun atraco a unha
xoiería. Era o conductor e o único detido no roubo. Oito anos despois sae de
prisión con ganas de emprender unha nova vida xunto á sua noiva e ao seu fillo,
pero atopará no camino un descoñecido e unha situación inesperada.
Premios:
4 premios
Goya, incluíndo Mellor Película e director novel. 11 nominacións.
Festival de Venecia. Mellor Actriz (Ruth
Díaz).
5 premios Feroz, incluindo mellor drama, director e guión.
Críticas:
“Arévalo aprendeu , e ben, dos
mellores directores cos que traballou… Excelente película sobre a xestación
lenta e paciente da ira”. Quim Casas: Diario El periódico.
“Tarde para la ira é puro Peckinpah, é puro Saura. E, sobre todo, é puro
cine”. Andrea B. Bermejo. Cinemanía.
O
xoves, 6 de abril, Cementery of Splendour, un
drama de tintes fantásticos e surrealistas dirixido polo tailandés
Weerasethakul sobre unha
extraña enfermidade que provoca alucinacións nos soldados.
O xoves, 4 de
maio pecha o ciclo a francesa Mustang, dirixida
por Deniz Gamze. Un drama contra a sinrazón da relixión, ambientada en Turquía.
O bono para as catro películas deste ciclo custa 10 euros.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do
Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario