7 de mar. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONTRATOU CATRO OBREIROS

Están traballando no Monte Santa Trega, preparando unha nova plantación de árbores nobres e arricando acacias a mán

Na imaxe a zoa de Chans, onde será feita unha nova plantación de árbores nobres
Foto: José Fernando Martínez Martínez

José Fernando Martínez Martínez / Camposancos


 Dende o día 1º de marzo a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos ten cuatro obreiros a traballar no monte Santa Trega. O primeiro que fixeron foron máis de duascentas cincuenta covas en Chans, para prantar árbores e ahora dedícanse a arrincar os rebrotes de acacia e eucalipto manualmente. É a nosa intención facelo deste xeito e soio en contadas ocasións aplicar productos químicos. 

 O xoves día 9 serán os mozos do Instituto da Sangriña os que faran unha plantación de 40 árbores autóctonas e o venres día 10 tócalle o turno o colexio de As Solanas prantando 250. Con esta plantación o Trega gaña 700 árbores nobres en un período de dous meses, moi posiblemente a maior prantación das últimas décadas neste monte, invadido de especies invasoras, acacias e eucaliptos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario