A GUARDA PUXO BROCHE FINAL O ENTROIDO 2017 CO SEU DESFILE-CONCURSO
O evento celebrouse este Sábado de Piñata, sendo presenciado por moitísimas persoas
O evento celebrouse este Sábado de Piñata, sendo presenciado por moitísimas persoas
Compoñentes da Comparsa do Club de Maiores de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Non foi o Martes de Entroido, como inicialmente estaba programado, por aquilo da climatoloxía, que nunca se sabe cando se vai acertar, sobor de todo desde que estamos comprobando que o cambio climático é un feito incontestable, e por iso, diante das previsions, que inicialmente non eran moi favorables, ainda que logo non habería maior problema; a Concellería de Cultura decidiu aprazalo o Desfile-Concurso. Finalmente foi anunciado para este día 4 de marzo, que segundo o calendario do Entroido, é Sábado de Piñata.
Sen lugar a dúbidas, visto o visto, foi como a cidadanía do municipio de A Guarda e súa contorna, tivo oportunidade de compartir un día máis, a ledicia de unha tarde festiva, na cal os protagonistas foron os picariños e tamén os maiores, que participaron no desfile-concurso.
Un evento - no cal colabourou a Policía Local de A Guarda - que botaría a andar uns minutos despois das 17:30 h., e que desde ás beirarrúas das rúas Puerto Rico, Galicia e Rosalía de Castro, foi presenciado por centos e centos de persoas.
Dese xeito, coa participación de concursantes individuais, carrozas, grupos e comparsas, a vila de A Guarda, ofreceu un espectáculo apto para tódolos públicos, que si ben pudo ter unha maior participación de concursantes, porque sitio había para máis, tamén é ben certo que o respectable público respostou, como era de agardar, con total desinhibición, con gañas de pasalo ben, e disfroitar de unha tarde de Entroido, na que se puxo broche final a esa celebración festiva, que en días precedentes ofreceu actividades para todos, tendo como epicentro os xardíns da Alameda e seu entorno.
GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:
Publicar un comentario