4 de feb. de 2017

RANDUFE (TUI)

A ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA “XUNTANZA” PRESENTA NOVAS PROPOSTAS 




Ángel Fernández Alfaya / Randufe (Tui)

Comeza un novo ano e aí van ás nosas propostas: 

50º ANDAINA DE XUNDAINA 
 Alá polo ano 2012 comezamos a reunirnos un grupo de amigos e amigas para saír a camiñar un domingo ao mes. 

 Despois de ter recorrido case que todo o Baixo Miño e parte de Portugal, chegamos a nosa andaina nº 50. 

 Para conmemorar tan importante acontecemento, nesta ocasión faremos unha saída especial que será de todo o día. Como non podía ser de outra maneira, celebrámolo camiñando e despois gozaremos cunha comida todos/as xuntos/as. Ademais, pola tarde visitaremos o Castelo de Vila Sobroso. 

Data: domingo 19 de febreiro de 2017. 

Encontro: sairemos da casa cultural de Randufe.

Hora: 8:30h. 

Comida: sopa, cocido, bebidas, sobremesa e café.  Prezo: 20€ socios/as – 25€ non socios/as.- (inclúe; andaina, comida no restaurante O’Castelo, seguro e visita guiada o Castelo de Vila Sobroso). 

Percorrido: Ruta do Río Xabriñas (Covelo). O Río Xabriñas, que é o verdadeiro protagonista nesta ocasión, é un dos afluentes do río Tea. Esta ruta conta cunha vexetación e cunha riqueza etnográfica extraordinaria. Encontraremos muíños, pontes, levadas de auga, igrexas e incluso lagares da cera, onde se pode ver como se facían as velas e outras figuras. 

 O percorrido será circular e contará aprox. de 16km cunha dificultade media. 

 Non esquezades levar roupa e calzado axeitado. 

 Sairemos nos nosos coches particulares e está limitada a unha participación de 35 sendeiristas, non te quedes fóra !! 

 Data límite de inscrición 15 de febreiro. Imprescindible facilitar nome, apelidos e DNI. Contacto: chama ou manda un whatsapp ao 646.646.500.

ENTROIDO 

 Entroido para os máis pequenos da casa. 

 Data: venres 24 de febreiro ás 17:00 horas. 

 Lugar: Casa Cultural de Randufe.

 Haberá baile, desfile de disfraces e máis sorpresas. 

 O grupo de animación en un Tris Tras fará que os nosos cativos pasen unha velada estupenda. 

 Cea-baile de Entroido. 

 Data: sábado 25 de febreiro ás 21:30 horas. 

 Lugar: Hostal Restaurante Cruceiro do Monte de Randufe. 

 Menú: Aperitivos (calamares, croquetas, tortilla, empanada e mexillóns). Langostinos á prancha e tenreira e cordeiro asado con guarnición. Bebida, sobremesa, café e chupito. 

 Prezo por persoa : 27 € (nenos ata 10 anos pagan 12€) Para apuntarte chama ou manda un whatsapp ao 646.646.500 . Data límite: mércores 22 de febreiro. NON ESQUEZAS O TEU DISFRACE, ESTE ANO COMO NOVIDADE HABERÁ UN AGASALLO PARA O MÁIS ORIXINAL 

NOVA ACTIVIDADE: KICK BOXING 

 Dende Xuntanza seguimos con novas actividades. Este mes comezamos Kick Boxing os mércores e os venres ás 21:30h. 

  Prezo: 2€ socios – 5€ non socios. 

Para apuntarte chama ou manda un whatsapp ao 646.646.500 . Recorda que na casa cultural temos diversas actividades durante todo o ano. Infórmate. 

AGARDÁMOSTE! 

Un saúdo 

O presidente

Ningún comentario:

Publicar un comentario