PRIMAGAS CONVERTIRÁ CANGAS NUNHA VILA CON BOA ENERXÍA
· O próximo domingo, 19 de febreiro, Cangas vivirá unha
gran festa para celebrar a chegada de Primagas a Galicia, na Explanada de Ojea
a partires das 10:30 h.
· O evento contará coa actuación de Isabel Risco, unha
degustación de polbo e filloas, actuacións a cargo dos nenos e nenas de Cangas e
xogos populares
Infogauda / Pontevedra
A vila de Cangas acollerá o domingo día 19 de
febreiro, a Festa Primagas, un evento para presentar e celebrar a chegada de
Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas
eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.

Os puntos fortes da xornada serán as actuacións do grupos
folclóricos da zona e demostracións das actividades extraescolares organizadas
polas Anpas do municipio.
Toda a recadación conseguida nos postos de comida e
bebida irá destinada á Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo
(Aspamsim). A Festa Primagas conta
coa colaboración do Concello de Cangas.
Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español,
Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes
das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e
limpas.
O
gas natural chega a A Guarda
Segundo pudo saber este xornal dixital “Primagas realizará durante este ano a canalización e
distribución de gas natural no Concello de A Guarda.
Está previsto que as obras e as primeiras
subministracións de Primagas comecen a primeiros de ano.
A utilización de gas natural permitirá a retirada de máis
dunha vintena de depósitos de gas propano presentes no casco urbano do
Concello. A substitución dos tanques de gas non implicará transformacións
importantes nas instalacións das casas. Ademais, evitará a circulación e
descarga de camións de gas propano na vía pública do Concello.
Os veciños poderán substituír as súas caldeiras e
quentadores de gasóleo ou butano por outras con mellores prestacións e máis
eficientes, reducindo os seus costes”.
Sobre
Primagas
Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.
Primagas, con máis de 11.000 clientes en España, está formada por un cadro de persoal de 51 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e mais Segovia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario