Ex traballadoras/es de GEA volven mobilizarse en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica de louza
O martes día 24 celebrarán unha asemblea no Multiusos de Arcade ás 18.00 horas
Ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG volveron mobilizarse hoxe en Vigo
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
Os ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG volveron mobilizarse hoxe en Vigo para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica de louza en Cabral e Coruxo. As ex empregadas/os dividíronse en dous grupos dunhas 25 persoas cada un e desenvolveron concentracións ruidosas na inmobiliaria El Rocío, na rúa Colón, e no despacho do avogado José Pérez Pousa, en Urzaiz.
Ao remate das protestas os afectados anunciaron que o vindeiro martes día 24 celebrarán unha asemblea no Multiusos de Arcade a partir das 18.00 horas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario