O 100% do persoal de fábrica de Alonarti Envases secunda a primeira xornada de folga indefinida
A CIG decidiu convocar o paro na empresa do Porriño tras o despido dun afiliado da central
A totalidade do persoal de fábrica de Alonarti secundou hoxe a primeira xornada da folga indefinida
Fotos: CIG
Infogauda / O Porriño
A totalidade do persoal de fábrica de Alonarti, empresa do Porriño dedicada á fabricación de envases para a industria farmacéutica e cosmética que traballa para marcas como L'Oréal, Ferrer, Farmasierra, Neocos ou Lamarvi, secundou hoxe a primeira xornada da folga indefinida convocada pola CIG para rexeitar o despido dun afiliado.
Dende a federación de Industria da central sindical sosteñen que con esta decisión a dirección da compañía pretende “amedrentar” os traballadores/as ante a inminente negociación do convenio colectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario