17 de xan. de 2017

A GUARDA

TURISMO

A GUARDA ESTARÁ PRESENTE NA XXXVIIª EDICIÓN DE FITUR

O municipio guardés promocionarase no stand de Turismo de Galicia, e a súa participación será destacada como consecuencia da elección este ano, por parte de Turismo Rías Baixas, do Camiño Portugués da Costa como produto turístico

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, no stand de Turismo Rías Baixas, na edición precedente
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 18 ao 22 de xaneiro, a súa 37ª edición.  

 A Guarda promocionarase no stand de Turismo de Galicia, e a súa participación será destacada como consecuencia da elección este ano, por parte de Turismo Rías Baixas, do Camiño Portugués da Costa como produto turístico para promocionar en FITUR. Este será presentado como tal o vindeiro xoves ás 12:00 horas.  

 Así, A Guarda terá un protagonismo especial por ser a primeira vila galega da que parte esta ruta do Camiño de Santiago.  

 Durante estas xornadas a Delegación da Guarda, formada polo alcalde, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Patrimonio, Manuel Javier Crespo González, manterá diversas reunión con maioristas e asociacións de turismo para potenciar a promoción da Guarda como destino turístico.  

 Ademais, a técnico de Turismo da Guarda, Rosalía Verde Pérez, asistirá á reunión anual no stand de TurEspaña cos destino EDEN (European Destinations of Excellence) para por en marcha os diferentes proxectos e accións para os próximos dous anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario