26 de xan. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ESCOLARES DO COLEXIO DA SANGRIÑA CONTRIBÚEN A REFORESTAR O MONTE SANTA TREGA



Infogauda / Camposancos

 Nin sendo, como foi, a deste mércores día 25 de xaneiro, unha das mañás máis frescas deste inverno, o frío non botou para atrás os educadores e os alumnos do CEIP A Sangriña, que convidados pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, levaron a bó termo unha magnífica plantación de árbores nobres no Monte Santa Trega.

 Baixo o lema "Pranta unha arbore, pranta futuro", a plantación tivo lugar na zoa de Chans, onde José Fernando Martínez Martínez, presidente da devandita Xunta Rectora, afirmou: "Decidimos facer esta plantación de árbores autóctonas ou nobres, como queiramos chamarlles. Son árbores  moi arraigadas en Galicia.

 Quixemos que a fixeran os nenos porque entendemos que son o futuro. Agora de pequenos con que lle vaian collendo agarimo ao monte. Que o coiden e que cando sexan maiores que o vexan como algo deles. Que sexa cáseque como unha propiedade. Que o é. Porque o monte é de todos. Non é soio de catro veciños, nin de dez nin de cen. O monte é de todos, para uso e disfroite de todos.

 Nós queremos facer do Trega que chegue a ser un parque semiurbán. Desde abaixo ata arriba, polo menos a aba de Camposancos. Que se vexa que temos o monte coidado e con árbores nobres".




 
 Aciñeiras, almendros, castiñeiros, cerdeiras, nogueiras e sobreiros, foron as especies plantadas, polos escolares. E para facilitar esa altruista labor, a Comunidade de Montes veciñais en Mán Común de Camposancos, coa debida antelación, xa fixera nas últimas semanas de 2016, as correspondentes coviñas para facilitar a osixenación e hidratación da terra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario