25 de xan. de 2017

A GUARDA

O BNG solicita información sobre o destino da pedra da rúa Calvario da Guarda  

O BNG pregunta pola pedra que había na rúa Calvario antes da reforma” 


Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG na Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no rexistro do concello solicitando información sobre o destino da pedra resultante da reforma da rúa Calvario na Guarda

 A reforma da rúa incluía o cambio do firme, polo que a pedra que existía foi cambiada por outra nova, relembra Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG na Guarda.  

 O BNG - engade o voceiro do BNG - solicitou información sobre o destino deste material que debe formar parte do patrimonio guardés

 “Falamos dun material caro que ben pode ser utilizado para outro tipo de obras. Por iso queremos saber onde está e se está debidamente gardado”, remarca o concelleiro Ángel Luis Baz Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario