25 de xan. de 2017

BAIXO MIÑO

O BNG  apoia e chama á veciñanza do Baixo Miño a participar na manifestación nacional

Convocada pola CIG, en defensa do sistema público de pensións 


BNG / Baixo Miño

 O BNG denuncia que as contrarreformas laborais que se están  aplicando non teñen carácter conxuntural, senón que veñen para quedarse.   

 Actualmente o  PP non ten maioría absoluta no Congreso dos Deputados, por iso hai que aproveitar o momento para "obrigar "ao goberno do Estado a dar pasos de cara a mudar esta situación.  Cada vez que se fala do sistema público de pensións, o goberno  trata de  reducir e dificultar o acceso ás pensións públicas co obxectivo de derivar cartos cara o sistema complementario, as pensións privadas. 

 Consideramos que o sistema público de pensións é moito máis garantista, porque non está condicionado polas subidas e baixadas do sistema financeiro , así pois, desde o BNG facemos un chamamento aos veciños e veciñas do Baixo Miño para que participen na manifestación nacional  que a CIG ten convocada para o día 28 de xaneiro, en Compostela, unha manifestación nacional na  defensa do sitema público de pensións.  

 Informamos tamén que a central sindical nacionalista vai fletar autobuses de balde desde o Baixo Miño con paradas na Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, para iso é preciso reservar praza nos teléfonos: 986 610 465 / 616 090 632.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario