17 de xan. de 2017

A GUARDA

MODIFICACIÓN DA ESTACIÓN DO SERVIZO DA ITV

Para a maquinaria agrícola e de obras e servizos, na Guarda   


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda da conta á cidadanía que dende a Dirección de Estacións ITV Móbiles de Vehículos Lixeiros e Agrícolas informan da modificación da estación ITV Móbil que pasa a inspección á maquinaria agrícola e de obras e servizos no concello da Guarda.  

 A partir deste ano 2017 os vehículos agrícolas e de obras e servizos pasan a ser inspeccionados na Guarda só pola ITV Móbil 10 agrícola.  

 Deste xeito, os turismos e furgóns lixeiros seguirán sendo atendidos pola ITV Móbil 6 de vehículos lixeiros, pero a partir de agora, coa entrada do novo ano, esta deixará de inspeccionar maquinaria agrícola e de obras e servizos.   

 Polo que respecta a ITV Móbil 10 atenderá aos vehículos agrícolas e de obras e servizos cando veña á Guarda, de acordo a un calendario que se dará a coñecer en canto se estableza.  

 A modificación pode derivar en cambios nas datas de visita da Móbil agrícola respecto a anos anteriores polo que recomendamos que para calquera consulta sobre o tema os interesados se poñan en contacto co servizo de atención ao cliente no 981 903 000. Ademais, poden consultar todo o calendario anual das ITVs Móbiles na páxina web www.sycitv.com.

Ningún comentario:

Publicar un comentario