29 de dec. de 2016

A GUARDA

O CONCELLO GUARDÉS REMATA AS OBRAS DE MELLORA DO TRAMO PENDENTE DO SENDEIRO AZUL 

A actuación deste tramo do sendeiro azul tivo un custo 16.666,66€.  

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e os concelleiros de Vías e Obras e de Servizos, Miguel Ángel Español Otero e Paulino Rodríguez González, visitaron o tramo do sendeiro azul da Guarda, por debaixo do colexio das Solanas
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e os concelleiros de Vías e Obras e de Servizos, Miguel Ángel Español Otero e Paulino Rodríguez González, visitaron nos pasados días o tramo do sendeiro azul da Guarda, por debaixo do colexio das Solanas, no que se realizaron unha serie de actuacións para acabar de acondicionar o recoñecido sendeiro.  

 As obras consistiron na mellora e reposición do firme do sendeiro azul existente, no seu percorrido costeiro, froito do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello da Guarda. En concreto, o tramo mellorado é o que abandona o tramo portuario e percorre a parte baixa do barrio de Solanas ata atoparse cunha parte adoquinada que enlaza coa pasarela que leva á praia de Area Grande. 

 Na actuación deste tramo do sendeiro azul, especialmente destacado pola ampla cantidade de sendeiristas que a percorren e pola existencia dun elemento etnográfico subliñable como é unha das antigas cetáreas da zona, realizouse unha obra cun custo que ascendeu aos 16.666,66€.  

 Remátase así o tramo pendente do sendeiro azul que une as praias con bandeira azul da Area Grande e O Forte (Camposancos), e agora queda pendente mellorar a sinalización e dotar de mobiliario á senda. 

 Dende o concello espérase que esta actuación resulte satisfactoria para todos e que mellore, por unha banda, o benestar e a calidade de vida dos veciños, e por outra, a experiencia dos turistas e visitantes que atopan neste sendeiro algunhas das vistas máis fermosas de todo o Baixo Miño.

A GUARDA

OS PARTICIPANTES DO ÚLTIMO OBRADOIRO INFANRTIL “DECORA O TEU NADAL” PREPARARON A RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS 

Esta terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro na propia Casa dos Alonso, tras a Cabalgata de Reis que sairá da Alameda ás 18:00 horas e percorrerá as rúas da vila  

Na Casa dos Alonso xa está todo preparado para á Recepción dos Reis Magos, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro tras a Cabalgata de Reis que sairá desde á Alameda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Onte mércores día 28 de decembro, a Casa dos Alonso da Guarda acolleu, dende as 11:30 horas, o último dos obradoiros de decoración infantil “Decora o teu Nadal” que se veñen celebrando durante este mes de decembro na Guarda.  

 Nos anteriores obradoiros, os nenos guardeses decoraron as escaleiras da Casa do Concello e a Praza de Abastos da vila. Desta volta, no último dos obradoiros organizados polo Departamento de Cultura do concello da Guarda, os participantes realizaron adornos para a Recepción dos Reis Magos. Esta terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro na propia Casa dos Alonso, tras a Cabalgata de Reis que sairá da Alameda ás 18:00 horas e percorrerá as rúas da vila.  

 Así, grazas á súa axuda, o lugar da Recepción Real queda decorado e preparado para que as Súas Maxestades os Reis Magos reciban e escoiten aos nenos e nenas da vila.  

 Dende o concello convídase a todas as familias da Guarda a dar un gran recibimento ós Reis Magos na Cabalgata do vindeiro xoves 5 de xaneiro, e a acudir á posterior Recepción Real na Casa dos Alonso, onde ademais de coñecer ás Súas Maxestades poderán apreciar os adornos realizados durante o obradoiro de onte.

TOMIÑO

A Oficina de Igualdade suspende o seu servizo durante o mes de xaneiro  



Infogauda / Tomiño

 O servizo de atención xurídica á muller da Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño quedará suspendido durante o mes de xaneiro, á espera da aprobación do orzamento municipal para o ano 2017, momento no que se informará da súa nova organización e horario.     

 Este Servizo púxose en marcha grazas á subvención solicitada á Deputación de Pontevedra, que abrangue as accións municipais  para o fomento da igualdade e a erradicación da violencia de xénero para  o ano 2016, polo que o 31 de decembro é a data límite da actuación obxecto da dita subvención.     

 A vontade do Concello de Tomiño é a pronta reanudación do servizo, dada a importante demanda detectada.

CAMINHA

Praça Conselheiro Silva Torres: em Caminha, onde o Norte passa o Ano

CAMINHA PREPARA-SE PARA UM GRANDE RÉVEILLON COM MARTA REN & THE GROOVELVETS

Não é preciso comprar bilhete nem esperar na fila. É só vir até cá e desfrutar da festa que já está a ser preparada no Terreiro
Fotografía: Luis Valadares



Infogauda / Caminha

 O concerto de Marta Ren & The Groovelvets é este ano a atração principal do grande réveillon em Caminha. Como é habitual, esperam-se milhares de pessoas na Praça central da Vila para festejar a chegada do novo ano. Pelo palco vai passar também o grupo de covers Xornas e a noite continua depois na Rua Direita. O cartaz honra a tradição, que faz do concelho roteiro obrigatório nesta época, porque é em Caminha, onde o Norte passa o Ano.  

 Não é preciso comprar bilhete nem esperar na fila. É só vir até cá e desfrutar da festa que já está a ser preparada no Terreiro. Marta Ren, que acaba de chegar de mais uma digressão pela Europa, está em alta e teve em 2016 um ano de enorme sucesso. "Pare, olhe, escute - estamos diante de um dos álbuns do ano - boom", escrevia há dias o Dirty Rock Magazine, a propósito do novo trabalho.  

Marta Ren

 Marta Ren, ex-vocalista dos Sloppy Joe e dos Bombazines, dizia este mês ao Porto 24, a propósito das atuações fora do país: "têm sido uma surpresa, embora saiba que o disco (Stop, Look, Listen) foi distribuído no mundo inteiro e particularmente na Europa. Como não vivo nesses países às vezes não tenho noção desse alcance e acaba por ser estranho (no bom sentido) ver que as pessoas compram bilhetes para o espetáculo e conheçam as músicas, cantem as letras, façam quilómetros para assistir ao concerto e no final comprem o vinil autografado. A aceitação não poderia estar a ser melhor".  

 E as perspetivas para o novo ano são também as melhores: "Temos uma tournée europeia já confirmada, com passagem pelo Eurosonic, na Holanda, em janeiro, e depois 15 espetáculos só em França, o que naturalmente me deixa com muita expectativa. Mas posso adiantar que até julho vou andar pela Europa toda em digressão e espero que nos intervalos volte muitas vezes a Portugal para tocar cá e receber o calor dos portugueses".  

 Assim, está quase a terminar mais uma grande temporada de animação preparada pelo Município de Caminha. São 40 dias, 40 atividades, num trabalho de cooperação que envolve 16 instituições e que é direcionado para todos os públicos: crianças, jovens e adultos, com o objetivo de fazer de Caminha uma das rotas turísticas de fim de ano e dinamizar a economia local. Se puder passe ainda por Lanhelas amanhã à noite para assistir ao Presépio Vivo e Auto de Natal.  

 Entretanto, até ao final do ano ainda decorre a Rota da Rabanada: desde Vila Praia de Âncora a Seixas, passando por Âncora, Vile, Caminha, Gondar e Vilarelho, há 36 rabanadas diferentes para degustar nos cafés, pastelarias e restaurantes aderentes do concelho, isto é, cada um dos estabelecimentos aderentes terá à venda diariamente a sua especialidade. Como referimos, existem 36 especialidades de rabanada (rabanada de mel, de nozes, recheada, de Vinho do Porto e recheio de chila, de leite, entre muitas outras especialidades). Para incentivar o consumo da rabanada, o Município de Caminha elaborou o chamado "Passaporte Rota da Rabanada" com os diversos estabelecimentos aderentes, e a cada 10 carimbos, dará direito a uma oferta do Município de Caminha, a levantar nos Postos de Turismo do concelho.

Informação Adicional:        

SEX 30 DEZEMBRO | 20H00 - 23H00  
PRESÉPIO VIVO E AUTO DE NATAL  
Pelo Grupo de Teatro da Freguesia de Lanhelas   
Local: Lanhelas    

SÁB 31 DEZEMBRO | 23H30  
CAMINHA, ONDE O NORTE PASSA O ANO  CONCERTO DE MARTA REN & THE GROOVELVETS  ATUAÇÃO DO GRUPO DE COVERS XORNAS  
Local: Praça Conselheiro Silva Torres - Terreiro, Caminha    

DOM 01 JANEIRO | 17H00  
CONCERTO DE ANO NOVO  
SOCIEDADE MUSICAL BANDA LANHELENSE E CORAL POLIFÓNICO   DE VILA NOVA DE CERVEIRA  
Local: Valadares, Teatro Municipal - Caminha

VIVENDA

Feijóo avanza unha achega de 5 millóns de euros para as axudas do Bono de alugueiro social que ampliará a súa duración de dous a tres anos e os seus beneficiarios

Afirma que os beneficiarios poderán seguir tendo unha axuda mensual de ata 200 euros, que poderá incrementarse ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros

Sinala que a esta cantidade súmase unha axuda de 600 euros para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pagamento de atrasos no caso de permanecer na vivenda  

Indica que os dous novos colectivos susceptibles de beneficiarse do Bono de alugueiro social son os arrendatarios de vivendas de promoción pública propiedade da Xunta cuxa vixencia do contrato rematase despois da entrada en vigor desta orde; e persoas ás que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar os ingresos necesarios establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento do programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda 

Lembra que o Bono de alugueiro social enmárcase nas 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Non en van, ao abeiro destas iniciativas xa se atenderon a máis de 1.100 familias, entre as que se atopan as 248 ás que xa se lles concedeu o Bono de alugueiro social

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia


Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello unha achega de 5 millóns de euros para as axudas do Bono de alugueiro social que ampliará a súa duración de dous a tres anos e ampliará tamén os seus beneficiarios.
 No que respecta á contía, Feijóo precisou que con este investimento, os beneficiarios poderán seguir tendo unha axuda mensual de ata 200 euros, que poderá incrementarse ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.
 A esta cantidade súmase tamén una axuda única de 600 euros para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pagamento de atrasos no caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.
 Ademais de ampliar a duración destas axudas de dous a tres anos, Feijóo subliñou que a orde aprobada hoxe establece a incorporación de dous novos colectivos susceptibles de beneficiarse do Bono de alugueiro social: arrendatarios de vivendas de promoción pública propiedade da Xunta cuxa vixencia do contrato rematase despois da entrada en vigor desta orde. E, persoas ás que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar os ingresos necesarios establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación de dito programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco de dito programa.
 Neste senso, Feijóo fixo fincapé na importancia de que os concellos se insiran no Programa de vivendas baleiras, posto que é o único xeito de actuar de forma coordinada entre os concellos e a Xunta.
 O presidente do Goberno galego concluíu lembrando que o Bono de alugueiro social enmárcase nas 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Non en van, ao abeiro destas iniciativas xa se atenderon a máis de 1.100 familias, entre as que se atopan as 248 ás que xa se lles concedeu o Bono de Alugueiro Social.

PONTEVEDRA

RAFAEL LOUZÁN SOLICITA A BAIXA TEMPORAL COMO MILITANTE DO PARTIDO POPULAR

Mentres non se aclare a súa situación xudicial     

Rafael Louzán Abal
Foto: Arquivo

Partido Popular / Pontevedra

 Rafael Louzán solicitou hoxe a súa suspensión temporal de militancia no Partido Popular, ata que non se resolva o procedemento do tribunal do xurado número 183/2015.   

 O Partido Popular agradece a súa disposición e reitera o seu respecto absoluto pola presunción de inocencia.

TUI

O goberno municipal ve con preocupación o bloqueo da oposición para mellorar as condicións de limpeza e condicións de vida nos veciños

Sesión plenaria da Corporación Municipal de Tui
Foto: C. T.

Infogauda / Tui 

 O goberno municipal de Tui ve con preocupación o bloqueo realizado no pleno extraordinario celebrado onte por parte da oposición a dous puntos que mellorarían as condicións de limpeza no municipio e de vida dos veciños. En concreto foron rexeitados, ao votar en contra todos os grupos da oposición, os pregos de licitación do servizo de limpeza viaria do Concello de Tui, así coma aprobación inicial da Ordenanza contra a Contaminación Acústica.  

 O goberno municipal aposta pola licitación do servizo de limpeza viaria cun dobre obxectivo. Por unha banda para solucionar a actual situación irregular na que se presta o servizo, xa que o contrato data de 2006 e tiña unha duración de 4 anos,  e por outra mellorar as condicións de limpeza no municipio tanto no casco urbano coma nas parroquias contemplando actuacións que ata o de agora non se realizaban.  O importe do contrato que figura nos pregos é de 227.712,16€ anuais cunha periodicidade de 4 anos prorrogables durante un período de dous anos máis. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que aínda que o importe da licitación é superior ao actual contrato realmente non se produce un gran incremento no custe do servizo xa que hai traballos de limpeza que arestora non están recollidos pero si se realizan e que teñen que ser aboados levantando os reparos de intervención. O obxectivo segundo Enrique Cabaleiro é buscar a limpeza e a excelencia nos servizos públicos do municipio tendo en conta a vocación comercial e turística da cidade.  

 Por outra parte no que se refire á ordenanza contra a Contaminación Acústica co novo texto búscase cumprir o establecido pola lei nesta materia, xa que a ordenanza existente non se adapta á normativa en vigor.  A nova ordenanza daría resposta as necesidades actuais do municipio e sería o primeiro paso de cara á elaboración de mapas e zonas de ruídos, que pola súa importancia medioambiental, patrimonial,..., teñan que ter especial protección acústica. No amplo texto recóllese o desenvolvemento técnico da ordenanza e detállanse aspectos específicos coma por exemplo a insonorización de novas edificacións.  O fin último é a conciliación do dereito ao descanso da poboación con outras actividades que poden xerar ruídos, e ter un municipio con calidade medioambiental tamén no que se refire ás condicións acústicas.    

 Dende o equipo de goberno consideran que sacar adiante este dous temas é imprescindible polo que buscarán puntos de encontro e consenso cos grupos da oposición que permitan volver levar a pleno tanto os plegos para a licitación da limpeza viaria coma a ordenanza contra a contaminación acústica nas próximas semanas. 

PESCA

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, respondeu a distintas preguntas na Comisión 8ª 

Preto de 70 persoas beneficiáronse dos cursos de mariñeiro pescador online ofrecidos pola Consellería do Mar 

Esta cifra correspóndese cos alumnos matriculados nos cursos da escola náutico-pesqueira de Ferrol e do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo 

Ademais a Consellería do Mar convocou outro curso de mariñeiro pescador online en Ribeira que está no proceso de matrícula e prevé convocar outros tres máis  

En relación aos recursos específicos como o percebe ou os equinodermos, entre outros, explicou que a renovación de modalidades no permiso de explotación dunha embarcación é anual debido a que os plans de xestión teñen ese carácter

Infogauda / Galicia

 A Consellería do Mar convocou este ano tres cursos de mariñeiro pescador online titorizados polo profesorado das escolas náutico-pesqueiras de Ferrol e Ribeira e do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Destes cursos lévanse beneficiado preto de 70 persoas.
 Así o explicou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, hoxe na Comisión 8ª do Parlamento en resposta a unha pregunta sobre teleformación. A directora xeral sinalou que no curso ofertado desde a escola náutico-pesqueira de Ferrol matriculáronse 33 persoas e no de Vigo 35. En canto ao de Ribeira indicou que se está co proceso de matrícula e que se prevé que se beneficien del un total de 60 persoas.
 A directora xeral engadiu que unha vez rematados estes tres cursos, se convocarán outros tres máis e que o profesorado dos centros de ensino da Consellería do Mar están traballando nos contidos doutros cursos para poder ofrecer a modalidade online da sección de ponte dos cursos de patrón/a local de pesca e patrón/a costeiro/a polivalente.
 En canto aos seus contidos e metodoloxía, sinalou que o curso dura aproximadamente mes e medio e que unha vez rematado o curso realizarase un exame presencial e unha proba de natación.

 Recursos específicos

 En resposta a outra pregunta sobre a extracción de recursos específicos (especies coma o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anémonas e poliquetos), a directora xeral explicou que a renovación de modalidades de recursos específicos no permiso de explotación (permex) dunha embarcación é anual, dado que os plans de xestión teñen este carácter. Esta renovación, aclarou, realízase segundo o calendario que para cada provincia e entidade asociativa do sector se estableza por resolución da xefatura territorial correspondente, que o fai de xeito adaptado ás necesidades e organización de cada entidade.
 Entre a documentación a aportar para esta renovación figura o xustificante de ter aboado o pagamento da taxa correspondente en función da tonelaxe bruta das embarcacións, unhas tarifas recollidas na Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta taxa, subliñou, existe dende sempre e a orde de recursos específicos regula como se renovan esas modalidades co obxectivo de evitar unha subexplotación dos recursos e promover a incorporación de persoas ao sector.
 Engadiu ademais que o feito de que a renovación poida realizarse por confraría para todas as embarcacións asociadas que teñan recursos específicos no seu permex, permite a emisión dun permiso que inclúa todas as modalidades renovadas de recursos específicos da embarcación, e polo tanto unha única taxa para renovar todas as modalidades.

TOMIÑO

A Asociación de persoas con discapacidade “Vontade” merca un transporte adaptado para axudar ás familias necesitadas  

A compra do vehículo, de segunda man, foi posible despois de lograr vender 10.000 rifas de Nadal con este fin 

A gañadora da cesta foi Mercedes Domínguez Rodríguez (Chela), e o propio Nel foi quen fixo a entrega do premio
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A Asociación de persoas con discapacidade “Vontade”, fixo entrega dunha cesta de Nadal moi especial. Valorada en máis de 1.000 euros, a cesta era o premio da campaña levada a cabo coa venta de 10.000 rifas, co fin de recadar o diñeiro necesario para mercar un vehículo que se poida prestar, por quendas, ás diferentes familias afectadas pola mobilidade reducida de algún dos seus membros, de maneira que estas teñan unha independencia de movemento para facer trámites, ir ao médico, á compra, pasear, etc.  

 Jose Manuel Pereira Pereira (Nel) será o primeiro beneficiario do vehículo adaptado, cuxa adquisición fíxose efectiva tras a finalización das vendas das rifas.  

 A gañadora da cesta foi Mercedes Domínguez Rodríguez (Chela), e o propio Nel foi quen fixo a entrega do premio, que inclúe, ademais dos produtos típicos de Nadal, un fin de semana nun apartamento rural de Ribadeo.  

 A Asociación para persoas con discapacidade “Vontade”, puxo en marcha hai uns meses, coa colaboración do Concello de Tomiño, o proxecto denominado “AUTO NOMÍA”, co obxectivo de fomentar a independencia e a integración social das persoas con problemas de mobilidade. Concretamente, trátase de prestar un transporte adaptado a familias que carecen de recursos para comprar un vehículo destas características.  

 Por outra banda, o proxecto contempla actividades de concienciación sobre a ELA (Esclerose lateral amiotrófica), doenza neurolóxica crónica e dexenerativa, que vai diminuíndo a mobilidade, provocando debilidade e atrofia muscular nas persoas que a padecen (varias na asociación). Están programadas, polo mesmo, charlas e outras accións de sensibilización sobre a necesidade de ampliar a investigación sobre esta doenza, sen cura até agora.  

 A Asociación Vontade, con sede en Tomiño, ten na actualidade perto de 200 socios con algunha discapacidade física ou mental (do Baixo Miño e concellos limítrofes).  

 So en Tomiño hai unhas 1.000 persoas con discapacidade; na Comarca do Baixo Miño máis de 6.000, e un 10% delas, padecen algunha doenza que os discapacita.

TOMIÑO

A alcaldesa solicita unha reunión á directora de Mobilidade, para buscar unha solución ao transporte de sanitarios e usuarios do Cunqueiro  

Preto dun centenar de persoas vese afectado pola falla de autobuses 

O persoal sanitario vén de quedarse sen o servizo de transporte específico que tiña       

Foto: N.de V.

Infogauda / Tomiño

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, vén de escribir unha carta á directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas de Santos, co fin de solicitarlle unha reunión na que tentar alcanzar unha solución ao problema da falla de transporte público ao novo hospital.     

 “Os Concellos da comarca do Baixo Miño recibimos diariamente as queixas de veciños e veciñas dos nosos municipios que se ven obrigados a desprazarse ao novo hospital Álvaro Cunqueiro”, sinala a alcaldesa. A rexedora explica que “moitas veces non dispoñen de vehículo propio, e están obrigados a desprazarse nun transporte público que non ten ao hospital entre un dos seus destinos preferentes”. 

 Ademais, a empresa encargada do servizo conta só con cinco autobuses, cuxo percorrido dende Tomiño até o hospital supón unha hora e media de traxecto. Por riba, os horarios non teñen en conta as necesidades dos usuarios e usuarias, chegando o último autobús ás 19:30 h.     

 O problema afecta tamén aos sanitarios e persoal auxiliar do hospital (un centenar se persoas) que, até hai unhas semanas, dispuñan dun servizo de transporte específico, agora suprimido, polo que están obrigados a desprazarse en vehículos propios, contribuíndo ao colapso nos accesos ao hospital; atascos que se veñen producindo dende que o centro hospitalario abriu as súas portas, sobre todo, nos tramos horarios de 07:00 a 08:30 e de 14:30 a 15:30, é dicir, cambios de quenda do persoal laboral. Ademais, os profesionais sanitarios deben asumir riscos de carácter laboral derivados do cansanzo de xornadas de garda que deben cumprir.     

 Co fin de procurar solucións a ambas situacións “que non só pon en risco aos profesionais do centro hospitalario senón que prexudica de xeito directo aos veciños e veciñas dos arredores”, a alcaldesa solicitou unha reunión para tentar chegar á mellor solución.

O ROSAL

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN AFRICANA

Organizado pola Agrupación Musical do Rosal e impartido por Mbolo Mooye Doolé