OS PARTICIPANTES DO ÚLTIMO OBRADOIRO INFANRTIL “DECORA O TEU NADAL” PREPARARON A RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS
Esta terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro na propia Casa dos Alonso, tras a Cabalgata de Reis que sairá da Alameda ás 18:00 horas e percorrerá as rúas da vila
Na Casa dos Alonso xa está todo preparado para á Recepción dos Reis Magos, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro tras a Cabalgata de Reis que sairá desde á Alameda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Onte mércores día 28 de decembro, a Casa dos Alonso da Guarda acolleu, dende as 11:30 horas, o último dos obradoiros de decoración infantil “Decora o teu Nadal” que se veñen celebrando durante este mes de decembro na Guarda.
Nos anteriores obradoiros, os nenos guardeses decoraron as escaleiras da Casa do Concello e a Praza de Abastos da vila. Desta volta, no último dos obradoiros organizados polo Departamento de Cultura do concello da Guarda, os participantes realizaron adornos para a Recepción dos Reis Magos. Esta terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro na propia Casa dos Alonso, tras a Cabalgata de Reis que sairá da Alameda ás 18:00 horas e percorrerá as rúas da vila.
Así, grazas á súa axuda, o lugar da Recepción Real queda decorado e preparado para que as Súas Maxestades os Reis Magos reciban e escoiten aos nenos e nenas da vila.
Dende o concello convídase a todas as familias da Guarda a dar un gran recibimento ós Reis Magos na Cabalgata do vindeiro xoves 5 de xaneiro, e a acudir á posterior Recepción Real na Casa dos Alonso, onde ademais de coñecer ás Súas Maxestades poderán apreciar os adornos realizados durante o obradoiro de onte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario