13 de dec. de 2016

POIO

A Escola de Cantería celebra Santa Lucía coa entrega de premios de modelaxe e os títulos de canteiros a oito mozos 

A deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez anima aos novos titulados a presumir do seu "amor a pedra" escola de cantería 

O acto contou coa presenza da deputada provincial, Montserrat Magallanes Álvarez e a concelleira de Cultura de Poio, Lidia Salgueiro


Infogauda / Poio (Pontevedra)

 A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra celebrou hoxe a festividade de Santa Lucía coa entrega de títulos de mestre e de canteiros a oito mozos ademais dos dous premios de modelaxe aos alumnos do centro.  

 O acto contou coa presenza da deputada provincial, Montserrat Magallanes Álvarez e a concelleira de Cultura de Poio, Lidia Salgueiro. Nun primeiro  momento, a deputada e a concelleira xunto con outros membros do xurado, elixiron as dúas obras agraciadas entre as máis de vinte seleccionadas cos premio de modelaxe que nesta ocasión recaeron en David Fernández, coa súa obra "Musa", e en Víctor Manuel Otero, coa súa obra "Canteiro". Ambos recibiron das mans de Montserrat Magallanes e Lidia Salgueiro as tradicionais boinas que os acreditan como canteiros. 

 Tamén, na segunda parte do acto,  recibiron o título de canteiro Raúl Moreno e de mestre canteiro Francisco Escaríz Jamardo, Alexandre López Caamaño,  José Miguel Lorenzo Lagares, Jonathan Mariñas García, Raúl Martínez López, Jesús Nores Guerra e Víctor Manuel Otero Sanjorge. 

 A deputada Montserrat Magallanes, ademais de felicitar aos dous premiados polo seu bo traballo, animou aos recen titulados a levar "o seu amor a pedra ala onde desenvolvan o seu traballo e presumir dese amor por este traballo que se afunde nas nosas máis profundas raíces", tras recoñecer que cada día máis os profesionais que forma a Escola de Cantería están sendo moi demandados por todos España en no só en Galicia.  

 Magallanes agradeceu a todos os profesores e profesoras da Escola de Cantería o seu esforzo polo traballo que veñen desenvolvendo na formación destes xóvenes. "Nos como políticos temos a obriga de dar a coñecer o traballo que se fai nesta Escola de Cantería, por parte do profesorado e tamén polo alumnado, nas dúas vertentes de colaboración no mantemento do noso patrimonio artístico e na formación de novos profesionais deste oficio tan tradicional", subliñou a deputada provincial.  

 A Escola de Cantería comeza a súa andadura en 1979 no Mosteiro de Poio e en 1982 pasa a depender da Deputación de Pontevedra e no ano 2000 trasládase as novas instalacións de Poio onde se atopa na actualidade.  

Ningún comentario: