13 de dec. de 2016

O ROSAL

A ESCOLA DE BAILE “MARCANDO PASOS” ABRIU O PROGRAMA DE NADAL DO ROSAL  

Directora e Compoñentes da Escola de Baile “Marcando Pasos”
Fotos: C. O. R. 

Infogauda / O Rosal

 O pasado sábado, día 10 de decembro, a Escola de Baile “Marcando Pasos” de Nigrán, abriu ou programa de Nadal do Rosal. De man da súa directora Nuria Castro, participaron 118 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos. 

Na imaxe, participantes en unha das brillantes actuacions de baile

 22 actuacións de baile, nun auditorio cheo de público e cunha posta en escea impecable, fixeron que todos disfrutáramos dun espectáculo fantástico para todas as idades. 

 Felicidades a todos os membros da Escola de Baile “Marcando Pasos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario