27 de dec. de 2016

MOVEMENTOS SOCIAIS

OS EMIGRANTES RETORNADOS NON SE RESIGNAN

A pesar das negativas do governo, e continúan coas súas demandas públicas.

O vindeiro xoves 29 de decembro, realizaremos unha concentración desde ás 11:00 até ás 12:00 h., na Praza da Inmaculada (Tui)

Mobilización polas rúas de Tui, de emigrantes retornados
Foto: Plataforma de Emigrantes Retornados / Baixo Miño


Plataforma de Emigrantes Retornados / Baixo Miño

 O pasado día 25 de novembro celebrouse una xuntanza de traballo en Santiago, coa asistencia dos responsables das plataformas Comarcais da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, co fin de debater e consensuar unha nova folla de ruta e un plan de traballo co obxectivo de tratar de acadar a nosa finalidade.  

 Todas e todos coincidimos en que os máis de oito meses sen goberno, no Estado español, foi moi negativo para o noso colectivo, desde o primeiro día o PP sabe moi ben que o tempo corre contra nós, por iso pretenden desmoralizarnos e desmobilizarnos, pero nós xa tomamos a determinación de seguir defendendo os nosos dereitos.   

 Non esquecemos que este é un problema político e que a responsabilidade é do PSOE en principio e do PP que a executou. Non se respectan os acordos acadados nos Concellos, Deputacións e Parlamentos (e que eles mesmos apoiaron), nin se atenden as nosas mobilizacións e reclamacións, só lles importa RECADAR diñeiros fáciles a costa dos económicamente máis débiles. 

 A nosa acción colectiva das plataformas da Coordinadora Nacional Galega da cal forma parte a Plataforma do Baixo Miño, exercida perante todos estes anos, deu os seus froitos, é de vital importancia continuar insistindo nas mobilizacións e na vía política, estando presentes nas rúas de todo o País,  para seguir esixindo a modificación da Lei 35/2006 do IRPF e o final da discriminación, que é a clave do noso problema.  

 Así pois seguimos actuando en consecuencia, esta vez, en Tui, o vindeiro xoves 29 de decembro, realizaremos unha concentración desde ás 11:00 até ás 12:00 h., na Praza da Inmaculada e continuaremos con toda unha serie de manifestacións nacionais, e, voltando a levar a nosa problemática por vía política mentras non se acade unha solución das que progresivamente imos ir informando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario