CULTURA
EVA PROL, CREATIVIDADE E SENSIBILIDADE ARTÍSTICA
Eva Prol Sanjurjo
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Ramallosa
Da mán do amigo Santiago Baz Lomba, destacado fotógrafo guardés e activo colabourador deste xornal dixital, vimos de coñecer a Eva Prol Sanjurjo, alma mater de Infoarte Ramallosa, que imparte cursos de dibuxo i escultura aplicada, para mestres e docentes.
En decraracións a Infogauda, Eva Prol Sanjurjo díxonos que decidiu "embarcarse nesta preciosa aventura, primeiro porque me encanta dar clase, me encanta á xente e me encanta a arte, en xeral.
Ademáis miña formación desde moi pequena foise encamiñando deica esta marabillosa profesión. Considérome artista plástico. "Plasticien". Escoiteino por vez primeira en Francia. Un oficio moi valorado naquelas terras.
Desde os 8 anos fago cerámica e no meu tempo de lecer, gustábame á música, coser, debuxar, pintar,... Así cheguei a estudar Arquitectura, que non rematei.
Fixen moitos cursos de distintas especialidades artísticas e artesanais. E na Escola de Artes e Deseño da Coruña, escultura aplicada.
En 2015 fixen un curso de formación, de docente, marabilloso curso impartido por Isabel Vázquez.
Como estaba en paro, con un neno e meu cárrego e sen moitas perspectivas de futuro, o destino e a sorte de ter bos amigos, permitíronme abrir un local, onde con moito esforzo e horas de adicación, imparto crases a nenos e adultos en Infoarte Ramallosa.
Nos comezos era para probar durante seis meses e xa os fago este mes. E vou a continuar esforzándome para que isto siga en pé!
Coido que o fago bastante ben. Por agora vou obtendo resultados favoraveis e iso é o que máis me axuda a emocionarme coa miña profesión."
Esa é, en síntese, a historia de Eva Prol Sanjurjo. Unha xoven rebosante de creatividade e sensibilidade artística, que traballa no que lle gusta e ademáis, contribúe a que outras persoas poidan desenvolver con máis recursos didacticos, súa labor docente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario